Jagtar Singh Hawara, nado en Hawara Kalan o 17 de maio de 1970 , é un militante sikh indio, membro da organización Babbar Khalsa, considerada organización terrorista, e condenado pola súa participación na conspiración para asasinar a Beant Singh, ministro xefe do Panxab. Condenado a morte en 2007, o Tribunal Superior de Panxab e Haryana substituíu en 2010 a pena de morte por cadea perpetua. As apelacións ante o Tribunal Supremo da India permanecen pendentes.

Traxectoria

Hawara naceu nunha localidade próxima a Khamanon no actual distrito de Fatehgarh Sahib, unha rexión central para o sikhismo ao estar na capital do distrito unha das súas localidades sagradas. Dende moi novo estivo relacionado con movementos khalistan, e mesmo chegou a estar acusado por delitos violentos, entre eles do asasinato dun axente policial, mais nunca se probaron e os tribunais absolvérono

Asasinato de Beant Singh miniatura|Beant Singh O 31 de agosto de 1995 un atacante suicida estoupou unha bomba no complexo da Secretaría de Panxab e Haryana en Chandigarh no cal morreron varias persoas, entre elas o ministro xefe do Panxab Beant Singh. Detido pola policía panxabí en decembro de 1995, o Tribunal de Sesións de Chandigarh condenouno a morte en 2007. A investigación e o proceso xudicial determinaron que Hawara participou na conspiración para cometer o asasinato. A sentenza do Tribunal Superior do Panxab e Haryana de 2010, que conmutou a súa pena a cadea perpetua, describiu a súa participación na conspiración e mantivo a súa responsabilidade penal, aínda que considerou que o seu papel fora inferior ao dos principais organizadores, prófugos. A sentenza tamén considerou que varias das acusacións formuladas pola acusación contra Hawara non quedaran demostradas no proceso. Hawara apelou a sentenza diante do Tribunal Supremo da India .

Fuga do cárcere O 22 de xaneiro de 2004 fuxiu, con outros presos, do cárcere de máxima seguridade de Burail (Chandigarh) logo de escavar coas súas mans un túnel baixo o complexo. Permaneceu agochado ata que a policía o detivo en Delhi o 20 de xuño de 2005 e enviado á prisión de Tihar Jail, Designación como jathedar do Akal Takht

O 10 de novembro de 2015 celebrouse en Chabba, nas proximidades de Amritsar, un Sarbat Khalsa convocado por organizacións sikh contrarias ao liderado do Akal Takht. A reunión anunciou a designación de Jagtar Singh Hawara como jathedar do Akal Takht e de Dhian Singh Mand como jathedar interino encargado das súas funcións. Esta designación non a recoñeceu o Shiromani Gurdwara Parbandhak Committee (SGPC) e o propio Hawara pouco despois da reunión sinalou que quería coñecer con maior detalle as decisións do Sarbat Khalsa e que non aceptaría o cargo sen unha designación unánime das organizacións sikh. Considérase a convocatoria de 2015 un intento de recuperar a tradición do Sarbat Khalsa, logo da súa abolición en 1805, e a designación de Hawara sitúase no contexto das divisións existentes arredor da autoridade do Akal Takht e da SGPC.

Situación penitenciaria

Hawara cumpre cadea perpetua nun cárcere de Delhi. En xuño de 2025 presentou unha solicitude de liberdade condicional para poder visitar e atender a súa nai enferma. A petición deu lugar a un procedemento ante o Tribunal Superior de Delhi, que en xaneiro de 2026 ordenou ás autoridades que comunicasen a súa decisión nun prazo de catro semanas. En xullo de 2026 o Tribunal Superior de Panxab e Haryana resolveu unha cuestión relativa á autoridade competente para tramitar a petición e ordenou que a solicitude fose presentada ante o superintendente do cárcere de Delhi onde Hawara estaba recluído. O tribunal sinalou tamén a existencia de recursos pendentes ante o Tribunal Supremo relativos á condena. O 13 de agosto de 2026, o gobernador do Panxab, Gulab Chand Kataria, recomendou a concesión da liberdade condicional, por razóns exclusivamente humanitarias, a Hawara para que puidese visitar a súa nai enferma. Aínda así, a recomendación produciuse despois do ministro xefe do Panxab, Bhagwant Mann, solicitar ao gobernador que facilitase a súa posta en liberdade temporal.

Notas

Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados no Panxab, India Categoría:Criminais