A cadea alfa do receptor do interferón-alfa/beta é unha proteína que nos humanos está codificada no xene IFNAR1 do cromosoma 21.
Función A proteína codificada por este xene é unha proteína de membrana tipo I que forma unha das dúas cadeas dun receptor para os interferóns tipo I, incluíndo os interferón-alfa, beta e lambda. A unión e activación do receptor estimula a proteína quinase Janus, que á súa vez fosforila varias proteínas, como STAT1 e STAT2. A proteína codificada tamén funciona como un factor antiviral.
Interaccións IFNAR1 interacciona con: PRMT1, STAT2, e Tirosina quinase 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Receptores