A Bicha de Balazote ou Esfinxe de Balazote é unha escultura ibera atopada no termo municipal de Balazote, na provincia de Albacete. A escultura foi doada por un veciño da localidade de Balazote, Isidro López, á Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Albacete. Nos arquivos desta comisión aparece xa citada como "bicha",The Buried Mirror: Reflections on Spain and the New World (Nova York: Houghton Mifflin 1992), p. 19. polo que podemos asumir que este foi o seu nome inicial. Posiblemente este termo teña relación co seu carácter estraño e único, e proceda dun vocábulo popular. Foi datada entre o V a. C. e IV a. C. Atópase depositada no Museo Arqueolóxico Nacional de España (en Madrid) dende 1910. Bicha de Balazote|Balazote city council Hai unha réplica tallada en bronce en exposición na praza do Altozano de Albacete e outra en escaiola na exposición permanente no Museo de Albacete.
Existen poucos datos sobre o seu achado. No rexistro da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Albacete figura a data de entrega da escultura, 28 de xuño de 1879, pero non a súa localización. De maneira xeral sábese que foi atopada no paraxe dos Majuelos, a escasa distancia do núcleo urbano. Escavacións de urxencia na veiga de Balazote nos anos 80 descubriron un túmulo ibero que permite situar a peza no contexto dunha necrópole tumularia á que probablemente pertenceu. Preto do lugar tamén se rescataron importantes mosaicos dunha vila romana.See J. M. Blázquez; G. Lopez Monteagudo; M. L. Neira Jimenez; M. P. San Nicolas Pedraz Mosaicos romanos de Lerida y Albacete(Corpus de mosaicos de España 8) 1989.
É unha das mostras escultóricas emblemáticas da arte ibera.
Descrición Relizada sobre dous bloques de pedra calcaria contra a segunda metade do século VI a. C. as súas dimensións son de 93 cm de lonxitude e 73 cm de altura máxima. É unha das frecuentes sínteses entre animal e home, neste caso de corpo completo, e representa un touro en repouso que demostra un bo coñecemento das características do animal, coas patas dianteiras baixo o peito e as traseiras dobradas cara ao ventre. Algúns detalles formais salientan os pezuños ou a prominencia do óso dos cadrís. A cola cúrvase sobre a coxa esquerda e remata nun guecho puntiagudo de pelo. dereita|miniatura|160x160px|Testa. Ten unha testa de home barbudo, volta ao espectador e lixeiramente alzada, cuns pequenos cornos e orellas tamén de touro, coas particularidades das esculturas gregas arcaicas: hierática, con barba e cabeleira a base de sucos rectos e xeometrizada, de raíces hititas.A. García and Bellido, “La Bicha de Balazote”, Archivo Español de Arte y Arqueología, 1931
Non está totalmente tallada, o lado dereito da peza non o está, polo que parece ser un perpiaño de esquina e estar pensada para adherila a algún lugar, de maneira semellante aos leóns de Pozo Moro. Posiblemente fóra de carácter funerario e formase parte da decoración dun templo. Pode cumprir unha función de defensa ou ser unha representación da fertilidade: os gregos usaban as estatuas de touros androcéfalos como representación dos ríos, como símbolo da fecundidade do río fertilizando os campos, e asociábase ao touro, símbolo de fecundidade. Neste sentido, a Bicha de Balazote sería un símbolo da vida que se desexaba ao defunto.
Coma o resto da escultura ibera, é anterior á chegada dos bárcidas no 238 a. C. A escultura representa o deus grego Aqueloo, divindade dos ríos e da fertilidade. Este deus foi adaptado pola iconografía ibera para representar un xenio protector da tumba ou un ser híbrido do Alén, guía e conselleiro das almas dos mortos.
Dentro do contexto arqueolóxico onde se atopou apareceron outras figuras escultóricas zoomorfas como a Esfinxe de Haches ou as Esfinxes xemelgas de El Salobral.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Sepulcro de Pozo Moro Esfinxes xemelgas de El Salobral Esfinxe de Haches
Categoría:Esfinxes Categoría:Oretanos Categoría:Coleccións do Museo Arqueolóxico Nacional de España Categoría:Esculturas iberas