O Samsung Galaxy S7 Edge é un teléfono intelixente baseado en Android. Foi presentado o 1 de febreiro de 2016 e lanzado o 11 de marzo dese ano. A diferenza do S7 principal, presenta unha pantalla curva. Ten unha pantalla de 5,5 polgadas e unha rañura para tarxetas microSD.

Viña con Android Marshmallow 6.0.1 e a interface de usuario TouchWiz, e posteriormente actualizouse a Android Oreo 8.0 coa interface Samsung Experience. Conta co procesador Exynos 7 Octa 8890 e tamén con 4 GB de RAM e 32 GB de almacenamento interno, ampliábel ata 200 GB mediante tarxeta microSD.

A batería ten unha capacidade de 3600 mAh e admite carga de 15 W. Do mesmo xeito que o seu irmán, estaba dispoñible en varias cores, incluíndo dourado, ouro rosa, negro e azul.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy