Fly2Galicia é unha aeroliña española de baixo custo, con sede en Santiago de Compostela, que prevé iniciar as súas operacións o 1 de decembro de 2026 desde o aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.
Historia O proxecto saíu á luz pública en abril de 2026, cando en redes sociais apareceu unha conta baixo o nome de Fly2Galicia que anunciaba a próxima posta en marcha dunha aeroliña con base en Santiago de Compostela.
En agosto do mesmo ano, a mesma conta anunciou mediante varias publicacións os oito destinos ós que voaría a aeroliña dende Santiago, cun total de 17 voos á semana.
As primeiras publicacións da conta oficial eran imaxes xeradas con intelixencia artificial, xunto cunha páxina web que contaba con escasa información, isto xerou dúbidas entre os usuarios e os medios de comunicación sobre a seriedade da iniciativa. Nesta primeira comunicación, a compañía chegou a afirmar que operaría con avións Boeing 737-800.
A finais de maio e principios de xuño de 2026, a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago confirmaron manter contactos cos promotores do proxecto. Porén, o goberno español expresou a posibilidade de embargo, dado que a operadora FlyYo, que xestiona Fly2Galicia, é subvencionada por capital israelí, e participou en voos de expatriación de cidadáns palestinos da Franxa de Gaza.
Destinos PaísesDestinosAeroportosEuropaAlemañaMúnicAeroporto Internacional de Múnic-Franz Josef StraussBélxicaBruxelasAeroporto de BruxelasEspañaAlacanteAeroporto de Alacante-Elxe Miguel HernándezGranadaAeroporto Federico García Lorca Granada-XaénSantiago de CompostelaAeroporto de Santiago-Rosalía de CastroZaragozaAeroporto de ZaragozaChequiaPragaAeroporto de PragaItaliaMilánAeroporto de Milán-MalpensaVeneciaAeroporto Internacional Marco Polo
Notas
Categoría:Aeroliñas de baixo custo