Raymond A. Byrne (coñecido tamén como Ray Byrne), nado en Pittsburgh, Pensilvania, o 28 de novembro de 1914 e finado en Delray Beach, Florida, o 7 de xuño de 1981, foi un coleccionista e autor numismático estadounidense.
Traxectoria Raymond A. Byrne naceu en 1914 en Pittsburgh, Pensilvania. No ámbito profesional foi o director funerario da compañía de pompas fúnebres Byrne Memorial Home, en Pittsburgh,"Obituaries: Ray Byrne". En The Numismatist. American Numismatic Association. Agosto de 1981. Páxinas 2142-2143. ata a súa xubilación en 1976.Smith, P. (2025).
A figura de Byrne é recoñecida sobre todo no ámbito da numismática. Como coleccionista centrou o seu interese nas emisións monetarias da Indias Occidentais, unha temática na que foi considerado como unha autoridade mundial. Logo de varias décadas como coleccionista, a súa colección vendeuse en poxa pública en senllas sesións organizadas por Jess Peters en 1975Coins and tokens of the Caribees by Ray Byrne. Public Auction. Jess Peters Inc. 1975. e 1977,CICF: Chicago International Coin Fair auction. Jess Peters Inc. 1977. e nunha terceira pola compañía Superior en 1976.The 1976 C.O.I.N. Auction Sale. Superior Stamp & Coin Co., Inc. 1976 A súa biblioteca numismática foi vendida tamén por Jess Peters, o 26 de setembro de 1975.Another outstanding Jess Peters public auction, featuring the libraries of Ray Byrne [...]. Jess Peters Inc. 1975.
Byrne foi tamén autor dun bo número de artigos publicados na súa maior parte na revista especializada The Numismatist, da American Numismatic Association, unha entidade en cuxas convencións e actividades foi tamén un asiduo colaborador.
Entre outras entidades asociativas e sociedades eruditas, Byrne presidiu a Pittsburgh, Western Pennsylvania and Allegheny-Kiski Valley Numismatic Society, e formou parte da xunta de gobernadores da ANA de 1965 a 1967. Tamén foi membro do Numismatic Literary Guild (NLG) e exerceu como colaborador voluntario no Museo Carnegie. En 1969 formou parte da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos.
Vida persoal Byrne estivo casado con Margaret Byrne, con quen tivo dous fillos e tres fillas. O seu falecemento tivo lugar na súa casa de Delray Beach, en Florida, o 7 de xuño de 1981.
Recoñecementos
1971: Medalla ao Mérito da American Numismatic Association (ANA)."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association (Money.org). 1975: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG)."About Us: The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild (nlgonline.org).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
"Obituaries: Ray Byrne". En The Numismatist. American Numismatic Association. Agosto de 1981. Páxinas 2142-2143. Smith, P. (2025). "Byrne, Ray(mond) A.". En American Numismatic Biographies. Páxina 73.
Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Nados en Pittsburgh, Pensilvania Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Membros da Comisión de Ensaios dos Estados Unidos Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes