María Montserrat Varela Vázquez, tamén coñecida como Montserrat Varela, nada en Santiago o 13 de maio de 1969, é unha escritora galega.
Traxectoria
Desenvolveu a profesión de traballadora social na Fonsagrada, Melide, Boimorto e Vilasantar. Vive en Arzúa.
Colaborou no traballo de animación social e cultural no Centro Cultural Casa Agraria, do barrio de Meixonfrío de Santiago e na agrupación folclórica Cantigas e Agarimos.
O seu primeiro libro, Cantos contos nun tris tras, baséase nas lembranzas das aprendizaxes de cando nena e nas experiencias cos máis cativos no traballo de animadora social.
Obras
Cantos contos nun tris tras (2003). Zaragoza: Edelvives. ISBN 84-263-5181-6. Na memoria do pobo (2005). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 84-7824-468-9. Convivencia entre natureza e superstición na tradición popular galega (2007). Capitán Swing Libros. 183 páxs. ISBN 978-84-612-0271-3. Historias de muíños e muiñeiros/as na cerna de Galicia (2026). Dr. Alveiros-Urco Ed. 195 páxs. ISBN 978-84-129300-8-5.
Premios
2005: Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais por Trazos da escolma da cultura do pobo galego 2026: Premio de poesía Avelina Valladares, por Consciencia da impermanencia.
Notas
Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega