Annual (en :, en , en francés: Anoual) é unha localidade marroquí pertencente ao municipio de Talilit, na rexión Oriental. Desde 1912 até 1956 pertenceu á zona norte do protectorado español de Marrocos. Atópase a 60 km ao oeste de Melilla.

Historia miniatura|Campamento español en Annual en 1921 Cando formaba parte do protectorado español de Marrocos foi sede da Circunscrición de Annual, dependente da Comandancia Xeral de Melilla. En xuño de 1921 estaba asignada ao Rexemento de Infantaría Ceriñola nº 42, composto por tres batallóns de seis compañías de fusís de 120 homes cada unha, e unha compañía de metralladoras por batallón de 50 homes. Formaban 3024 homes ao mando do coronel Morales Reinoso, que substituía a José Riquelme y López-Bago.

Nas súas proximidades tivo lugar o 22 de xullo de 1921 a batalla que en España se coñece como o «desastre de Annual». Supuxo entre 7 000 e 11 000 baixas para España (entre eles o propio xeneral Fernández Silvestre), durante a guerra do Rif no período do protectorado español. Foron atacados polos rifeños os postos de Annual e Igueriben.

Véxase tamén

Outros artigos Desastre de Annual

Categoría:Guerra do Rif Categoría:Historia de Marrocos Categoría:Historia de España do século XX