Caio Barone Albado, nado en Taubaté o 4 de maio de 2006, é un futbolista brasileiro que xoga na posición de gardameta. Na tempada 2026/27 forma parte do Celta Fortuna da Segunda División.

Traxectoria en clubs Flamengo Tras comezar a súa formación deportiva na base do Santos, en 2019 ingresou no equipo xuvenil do Flamengo. En agosto de 2022 asinou o seu primeiro contrato profesional co Flamengo e foi nomeado gardameta suplente de Dyogo Alves no conxunto sub-20. En decembro de 2024 renovou contrato co club brasileiro.

Celta de Vigo O 16 de xullo de 2025 anunciouse a chegada de Barone ao Celta de Vigo cun contrato de tres anos, sendo asignado inicialmente ao Celta Fortuna da Primeira Federación. Na tempada 2025/26 foi suplente de Coke Carrillo e alcanzou o seu debut sénior o 3 de abril de 2026, cando foi titular nunha derrota por 5-1 contra o Real Madrid Castilla.

Traxectoria internacional Barone foi internacional coa selección de fútbol sub-17 do Brasil. Formou parte da convocatoria para o Campionato Suramericano de Fútbol Sub-17 de 2023, no que a selección brasileira foi vencedora.

Vida persoal Nado no Brasil, Barone conta tamén con pasaporte italiano.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Caio Barone en LaPreferente.com

Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados no estado de São Paulo Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B