miniatura| A Cámara de Comercio dos Estados Unidos está situada no número 1615 da rúa H, no noroeste de Washington, D.C. O edificio está incluído no Rexistro Nacional de Lugares Históricos. A Cámara de Comercio dos Estados Unidos (en inglés The U.S. Chamber of Commerce, coñecida comunmente como AmCham), é a maior federación comercial sen fins lucrativos do mundo. Representa aproximadamente a tres millóns de empresas estadounidenses (algunhas das cales están vinculadas a cámaras máis pequenas), 2.000 cámaras locais ou estatais e 830 asociacións comerciais. A cámara está composta por expertos políticos, lobistas e xuristas. É coñecida por gastar máis cartos que calquera lobby do país anualmente.
A misión específica da institución é: «Impulsar o progreso humano a través dun sistema económico, político e social baseado na liberdade individual, os incentivos, a iniciativa, a oportunidade e a responsabilidade» («To advance human progress through an economic, political and social system based on individual freedom, incentive, initiative, opportunity, and responsibility»).
A súa representación na Unión Europea chámase AmCham-EU e en España AmChamSpain - Cámara de Comercio de Estados Unidos en España.
Notas
Véxase tamén
Coalición Global do Clima
Categoría:Economía dos Estados Unidos de América Categoría:Organizacións sen ánimo de lucro