Angie McMahon, nada en Melbourne, Victoria en 1993, é unha cantautora e música australiana. Publicou o seu álbum de estrea, Salt, no ano 2019.
Biografía
Primeiros anos McMahon medrou no suburbio de Alphington en Melbourne e comezou a aprender a tocar o piano cando tiña catro anos de idade.
McMahon inspirouse para ser artista tras escoitar The Sound of White de Missy Higgins, dicindo: "Ese foi un punto de inflexión moi grande na miña vida. Sentín que, [tras] escoitar ese álbum e aprender a tocar as cancións, algo que fixen moito, tiña unha idea moi clara do que quería facer comigo mesmo".
Carreira
2013-2021: Salt McMahon tocou nunha banda de soul de nove membros chamada The Fabric antes de comezar a súa carreira en solitario. Gañou unha competición da compañía de telecomunicación Telstra para actuar como abreconcertos de Bon Jovi na parte australiana da súa xira Because We Can.
McMahon completou un grao en Artes na Universidade de Melbourne e regresou á música en 2017. Nese ano gañou a Josh Pyke Partnership, que ofrecía a un músico sen contrato discográfico a oportunidade de recibir titoría e financiamento para axudar a impulsar a súa carreira, e publicou o seu sinxelo de "Slow Mover". Posteriormente lanzaría os sinxelos "Missing Me", "Keeping Time", unha versión do "Helpless" de Neil Young, "Pasta" e "And I am a Woman".
O seu álbum de estrea, Salt, editouse en xullo de 2019 e chegou ao número 5 das listas da ARIA. Un EP ao vivo sería lanzado en setembro dese mesmo ano.
En outubro de 2019, a publicación Happy Mag catalogouna como "unha das voces máis entrañables e talentosas da música actual", situándoa no número 15 da súa lista das "15 artistas australianas que están cambiando o xogo agora mesmo". O 3 de outubro dese ano, McMahon publicou unha versión de "Take It With Me" de Tom Waits, o sinxelo principal duns álbums de homenaxe ao cantante integrado exclusivamente por mulleres e titulado Come On Up to the House: Women Sing Waits. No mes de novembro, McMahon lanzou unha versión da canción de Fleetwood Mac "Silver Springs", tema que cita como o seu favorito.
2022-presente: Light, Dark, Light Again En xuño de 2023, McMahon lanzou o sinxelo "Saturn Returning", o seu primeiro tema novo en tres anos.
O 12 de xullo de 2023, publicou "Letting Go" e anunciou o seu segundo álbum de estudio, Light, Dark, Light Again, que saíu á luz o 27 de outubro dese mesmo ano.
Anunciada en febreiro de 2024, McMahon realizou a xira Making it Through Tour entre maio e xuño, con 13 concertos en Australia e Nova Zelandia, nos que esgotou as entradas para tres noites consecutivas no Forum Theatre da súa cidade natal, Melbourne.
En agosto, McMahon lanzou "Untangling" e anunciou a publicación do EP Light Sides para o 13 de setembro de 2024.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Salt 2019 Angie McMahon, AWAL Light, Dark, Light Again 2023 Angie McMahon, AWAL
EP Álbum Ano Selo Audiotree Live 2019 Audio Tree Piano Salt 2020 Angie McMahon Light Sides 2024 Gracie Music, AWAL
Notas
Categoría:Músicos de Australia Categoría:Nados en Melbourne Categoría:Nados en 1993 Categoría:Alumnos da Universidade de Melbourne