Tofiga Vaevalu Falani é un pastor relixioso de Tuvalu que exerce como gobernador xeral de Tuvalu desde 2021 e como presidente da Igrexa de Tuvalu desde 2008. Como presidente da igrexa, representouna nas reunións do Comité Central do Consello Mundial de Igrexas en 2009 e 2011.
Traxectoria Exerceu como gobernador xeral interino o 14 de agosto de 2017 durante a ausencia de Iakoba Italeli. En setembro de 2021 foi nomeado gobernador xeral de Tuvalu pola raíña Isabel II. Como gobernador xeral, representa o monarca reinante de Tuvalu no país, actuando como vicerrei de Tuvalu. O seu mandato remataba en setembro de 2025, pero foi prorrogado 12 meses máis. miniatura| Falani asinando o libro de condolencias pola morte da raíña Isabel II en Lancaster House o 17 de setembro de 2022.
miniatura|Falani reuníndose coa princesa de Gales no Palacio de Buckingham, o 5 de maio de 2023. Foi nomeado membro da Orde do Imperio Británico (MBE) por servizos públicos e comunitarios nas Honras de Aninovo de 2014.
O 18 de setembro de 2022 foi nomeado polo rei Carlos III Cabaleiro da Gran Cruz da Orde de San Miguel e San Xurxo (GCMG).
Notas
Categoría:Gobernadores Xerais Categoría:Personalidades de Tuvalu Categoría:Pastores calvinistas