Maria Furtwängler-Burda, nada en Múnic o 13 de setembro de 1966, é unha actriz e médica alemá, coñecida especialmente por interpretar dende 2002 a comisaria de policía Charlotte Lindholm na serie televisiva Tatort. Traxectoria

Maria Furtwängler naceu na capital bávara, filla da actriz Kathrin Ackermann e do arquitecto Bernhard Furtwängler. A parella tivo tres fillos, e Maria é a máis nova. Con sete anos apareceu no telefilme Zum Abschied Chrysanthemen (1974) que dirixiu seu tío, Florian Furtwängler. Casou co empresario das comunicacións Hubert Burda en 1991 co que tivo dous fillos: Jacob (1990) e Elisabeth (1992). Tras un tempo sen facer vida en común, a parella deu a coñecer a súa separación en agosto de 2022.

Entre 1987 e 1991 actuou na serie Die glückliche Familie canda súa nai e nos anos saíu nalgúns episodios de varias series e no telefilme Drei Frauen und (k)ein Mann (1995), pero o seu principal foco foron os seus estudos de medicina na Universidade de Montpellier que completou en 1994 e posteriormente realizou a súa tese de doutoramento, que trata sobre a influencia dun aborto espontáneo na vivencia dun embarazo posterior e sobre a influencia dun novo embarazo na elaboración da experiencia dun aborto anterior, na Universidade Técnica de Múnic en 1996. Despois exerceu a medicina en Múnic e noutros lugares ata o ano 2001. Charlotte Lindholm en Tatort En abril de 2002 interpretou por primeira vez a comisaria Charlotte Lindholm no episodio Lastrumer Mischung de Tatort, serie que se emite dende 1970 e goza dunha popularidade sen igual no país. Dende aquela tornouse nun dos rostros máis recoñecibles da serie como investigadora da Landeskriminalamt (LKA) de Baixa Saxonia, que indaga casos por todo o estado. A súa incorporación á serie coincidiu coa chegada doutras protagonistas femininas como Andrea Sawatzki e Eva Mattes, nun momento no que o protagonismo das mulleres na serie era pequena. O papel valeulle o Deutscher Fernsehpreis en 2007 polas súas interpretacións nos episodios Pauline e Das namenlose Mädchen. En 2008 logrou unha Goldene Kamera como mellor comisaria de televisión. Cinema e televisión Paralelamente a Tatort, Furtwängler participou en numerosas producións televisivas. En 2007 protagonizou o telefilme en dúas partes Die Flucht, no papel de Lena, a condesa von Mahlenberg, unha muller que organiza un convoi de refuxiados dende Prusia Oriental cara a Baviera para escapar ao avance das tropas do Exército Vermello ao final da Segunda Guerra Mundial e que foi un éxito de audiencia para a ARD. miniatura|Con Kimberly Emerson, Ursula Karven e John B. Emerson na Berlinale de 2014 En 2008 deu vida á nai do bandoleiro bávaro Mathias Kneißl no filme Räuber Kneißl e en 2011 protagonizou o telefilme da ZDF Schicksalsjahre, no papel dunha pianista que abandona Gdansk ao final da guerra e posteriormente como disindente política sofre represión na República Democrática Alemá. Protagonizou en 2015 o filme Das Wetter in geschlossenen Räumen, dirixido por Isabelle Stever e no que interpretou unha traballadora dunha organización humanitaria que se move entre ambientes de luxo e zonas de crise, nun papel que lle valeu en 2016 o Premio de Interpretación do Festival do Cinema Alemán de Ludwigshafen. miniatura|Maria Furwängler mentres posa durante a gala dos Deutschen Fernsehpreis de 2019 Coa obra Alles muss glänzen do autor norteamericano Noah Haidle protagonizou por primeira volta unha peza teatral, foi en 2017 no Theater am Kurfürstendamm de Berlín. Protagonizou a miniserie Ausgebremst (2020-2021) e foi unha das protagonistas principais do telefilme de Nadal Abenteuer Weihnachten en 2023. No telefilme Am Ende der Wahrheit (2024) interpretou a Martina, unha neucirurxiá que sofre unha violación e ha batallar co trauma e a reacción do seu contorno. A súa actuación proporcionoulle o Deutscher Fernsehpreis de 2025 á mellor actriz.

Actividade humanitaria e social

Paralela á súa carreira artística desenvolveu unha importante actividade humanitaria. Dende 1998 é presidenta do Padroado da ONG German Doctors que desenvolve proxectos de axuda médica en Nairobi, Calcuta ou as Filipinas. Fundou canda súa filla Elisabeth en 2011 fundou o MaLisa Home nas Filipinas, destinado a ofrecer protección a nenas vítimas de trata e prostitución forzada. Elas dúas tamén estableceron en 2016 a Fundación MaLisa . No outono de 2013 Furtwängler foi das asinantes iniciais do manifesto contra da prostitución promovido por Alice Schwarzer para a revista Emma.

En 2017 impulsou coa Fundación MaLisa un estudo sobre a representación de mulleres e homes no cinema. O resultado da Universidade de Rostock amosou a infrarrepresentación das mulleres no cinema, sobre todo como heroínas e expertas. En 2020 promoveu a campaña #ichwill co obxectivo de lograr unha cota feminina nos consellos de administración das empresas. Filmografía

Longametraxes

Series de televisión

Programas de televisión 2015: Spiel für dein Land (ARD ) 2016: Wer weiß denn sowas? (ARD) 2019, 2020 e 2022: Klein gegen Groß – Das unglaubliche Duell

Notas

Categoría:nados en 1966 Categoría:Nados en Múnic Categoría:Actores de Alemaña Categoría:Alumnos da Universidade de Montpellier Categoría:Alumnos da Universidade Técnica de Múnic Categoría:Médicos de Alemaña