A tempada 2026-2027 da Naisten Liiga é a 45ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. O Kiekko-Espoo de Espoo defende o título conquistado na tempada precedente.
Movementos na liga Introdución das cargas O 6 de marzo de 2026 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou que se a partir da tempada 2026-27 permitiríanse as cargas na Auroraliiga. A xunta directiva da federación aceptou deste xeito a proposta realizada pola propia Auroraliiga. O obxectivo da medida é axilizar o xogo e adaptalo ás normas doutras ligas femininas como a Professional Women's Hockey League (PWHL) ou a Svenska damhockeyligan (SDHL), entre outras. De acordo coas indcacións da federación permítese:
Cargas cando ambas xogadoras se desprazan na mesma dirección, seca cara adiante ou cara atrás. Cargas preto do muro cado o disco está en disputa entre as xogadoras. Cargas na pista aberta movéndose na mesma dirección, realizadas nun ángulo de 90º, ou a unha xogadora parada
Mentres que se sancionan:
Cargas preto do muro entrando en velocidade dende fora ou como "terceira xogadora". Cargas en pista aberta cando a xogadora que realiza a carga vai directamente de fronte ou dende unha dirección diferente á do desprazamento da xogadora.
Formato de competición O 1 de xuño de 2026 anunciouse o novo formato da Auroraliiga, e poucos días despois, o 12 de xuño, a liga anunciou o 12 de setembro como data de inicio da nova tempada. A liga regular, con oito equipos confirmados, pasou a disputarse a quintupla volta máis unha xornada adicional con enfrontamentos entre equipos xeograficamente próximos, polo que nesta fase da liga cada equipo pasou a xogar 36 partidos.
Ao final da liga regular os seis primeiros equipos disputarán aos play-offs, dos cales os dous primeiros avanzarán directamente ás semifinais, mentres que os equipos do 3º ao 6º disputarán unha rolda de curatos de final. As eliminatorias de cuartos de final decidiranse ao mellor de cinco encontros (tres vitorias), mentres que as semifinais e a final se decidirán ao mellor de sete partidos (catro vitorias).
O sétimo clasificado da liga regular manterase na Auroraliiga, mentres que o último clasificado descenderá directamente á segunda categoría, a Naisten Mestis, mentres que o campión desta xogará na Auroraliiga na tempada 2027-28.
Saída do KalPa En abril de 2026 a sociedade que opera o hóckey feminino do KalPa, Juniori-KalPa ry, anunciou que non solicitaría licenza para a tempada 2026-27 da Auroraliiga e que pasaría a competir na segunda categoría, a Naisten Mestis. O club de Kuopio sinalou que o seu obxectivo a longo prazo era o desenvolvemento do hóckey feminino e xuvenil. O KalPa afirmou que non era posible crear unha base sólida nin unha estrutura económica axeitada para formar un equipo competitivo na Auroraliiga baixo as condicións actuais da federación de hóckey sobre xeo.
Cascos Dourados Veikkaus Dentro da colaboración entre a Auroraliiga e Veikkaus, nesta tempada a liga introduciu os cascos dourados de Veikkaus, un elemento xa empregado na Liiga, a máxima competición do hóckey sobe xeo masculino en Finlandia. As mellores xogadoras de cada equipo na clasificación de puntos lucirán os cascos dourados nos partidos da tempada. A primeira vez que se poderá ver será o 20 de setembro de 2026.
Mudanzas nos corpos técnicos +Equipo2025–262026–27 DetallesPretempadaK-EspooSami HaapanenMinttu TuominenA finais de maio de 2026 o K-Espoo anunciou na súa conta de Instagram que a defensora do equipo Minttu Tuominen pasaría a converterse na adestradora xefa do equipo, ocupando así o posto de Sami Haapanen, que pasou a ser adestrador asistente. Haapanen, que gañara dez campionatos do equipo de Espoo, xa anunciara a principios de primavera a súa intención de deixar o cargo. Pola súa banda, Tuominen anunciara logo de gañar o campionato co K-Espoo na tempada 2024-25 que tomaría un descanso da súa carreira, mais regresou ao xeo nas finais da tempada 2025-26 que o seu equipo disputou fronte o HPK, e que acabou co segundo título consecutivo das xogadoras de Espoo.KärpätTeemu KoivulaMira Kuisma O 9 de marzo de 2026 o equipo de Oulu anunciou que a antiga xogadora do equipo e internacional coa selección finlandesa ocuparía o posto de adestradora xefa a partir da tempada 2026-27. Kuisma xa dirixira ás Kärpät ata a tempada 2018-19, gañando tres medallas en catro anos, incluíndo dous campionatos, e chegou logo de dirixir a selección finlandesa sub-18 que descendera ese mesmo ano á categoría inferior durante a Copa do Mundo. Teemu Koivula fichara polas Kärpät en marzo de 2024 procedente do RoKi.
Equipos participantes
Na tempada 2026-27 da Auroraliiga tomaron parte na competición un total de oito equipos, un menos que na tempada precedente, logo da renuncia do KalPa a xogar na máxima categoría. Esta tempada viu o debut das Pelicans de Lahti na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés logo de que o equipo se proclamara campión da Naisten Mestis e superara na serie de cualificación o RoKi de Rovaniemi Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Tavastia Propia, Pirkanmaa e Päijänne Tavastia.
Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, K-Espoo, Kärpät, Pelicans e TPS.
NomeCidadeEstadioCapacidadeAdestrador/aCapitáStadin GimmatHIFK Naiset12px HelsinquiPirkkolan jäähalli1 100 Saara Kivenmäki Ilona PalinHPK12px HämeenlinnaJääliikuntakeskus Hakio Marko Peltoniemi Helen StrömbergIlves12px TampereTesoman jäähalli1 500 Marjo Voutilainen Johanna SiiraK-Espoo12px EspooTapiola 2750 Minttu Tuominen Emmi RakkolainenKärpät12px OuluOulun Energia Areena6 614 Mira Kuisma Ada UkkolaPelicans12px LahtiWemasto Areena5 371 Petteri Hirvonen Eevi IlvonenTeam Kuortane12px KuortaneKuortaneen urheiluopiston jäähalli350 Juuso Nieminen Erika KankkunenTPS12px TurkuRajupaja Areena2 875 Tony Suoniemi Peppi Kähkönen
Liga regular
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1K-Espoo 4 4 0 0 0 21 3 +18 122HIFK 4 3 1 0 0 12 6 +6 113Team Kuortane 4 2 0 1 1 15 9 +6 74HPK 4 2 0 0 2 22 13 +9 65TPS 4 2 0 0 2 12 18 -6 66Ilves 4 0 1 1 2 9 15 -6 37Pelicans 4 1 0 0 3 6 24 -18 38Kärpät 4 0 0 0 4 5 14 -9 0
Resultados
Estatísticas das xogadoras Líderes de anotación
XogadoraEquipo1Paige McGuireHPK439122Emmi LoponenHPK455103Kiira YrjänenK-Espoo45274Tinja-Mariia HaukijärviK-Espoo44375Yenna KolmonenKuortane43476Emma EkoluomaIlves45167Abigail ByskataKuortane44268Henni VirtanenHPK43269Senja SiivonenKuortane424610Emilia VarpulaIlves4246
Porteiras
Xogadora Equipo 1Lilli PackalenHIFK 2 120:00 2 0 42 2 0 95,5 1,002Iina KankaanpääKuortane 2 118:35 1 1 42 2 3 95,5 1,013Kerttu Kuja-HalkolaHIFK 2 125:00 1 0 53 4 0 93,0 1,924Tiia PajarinenK-Espoo 2 120:00 2 0 26 2 0 92,9 1,005Miia VainoHPK 3 128:32 2 0 38 3 0 92,7 1,406Emilia PiekkariKärpät 2 117:04 0 2 58 6 0 90,6 3,087Annika SaastamoinenKuortane 2 121:51 1 1 66 7 0 90,4 3,458Neea PohjamoIlves 3 182:47 0 2 85 11 0 88,5 3,619Natalie WilliamsonTPS 4 239:04 2 2 122 18 0 87,1 4,5210Kiku KobayashiPelicans 2 111:38 0 1 62 10 0 86,1 5,37
Notas Fichas dos partidos
Referencias
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Auroraliiga
Categoría:Auroraliiga 2026-2027 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2026 Categoría:Hóckey sobre xeo en 2027