Salustiano Rafael Batalla Hermida, nado en Padrón cara a 1834, foi un militar galego asentado na Arxentina.

Traxectoria

Fillo de José María Batalla San Miguel e Juana Hermida Jove. Emigrou a Arxentina. Fixo a carreira militar ingresando de cadete o 10 de outubro de 1857. Participou nas guerras de Cepeda e Pavón e no sitio de 1893. Retirouse en 1895 co grao de capitán.Nova Galicia, 5-1-1915, p. 1. Visitou e residiu varias temporadas en Padrón, e foi escribano e secretario do xulgado de Padrón entre 1872 e 1874.BOP A Coruña, 20-2-1872, p. 3.BOP A Coruña, 12-9-1874, p. 4. En 1887 foi detido en Padrón xunto co seu fillo Salustiano por desacato e resistencia á Garda Civil.Gaceta de Galicia, 5-10-1887, p. 2. Vida persoal

Casou en 1850 con Rómula Quevedo Morán, e foi pai de Rómula, Salustiano, Arturo, Obdulia e Alfonso Batalla Quevedo. Divorciouse de Rómula en 1892.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Retrato de Salustiano Batalla.

Categoría:Militares de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en ano descoñecido