Lars-Ingvar Jönson, nado en Gotemburgo en 1922 e finado o 4 de maio de 1990, foi un enxeñeiro químico e numismático sueco.
Traxectoria
Lars-Ingvar Jönson, nado en 1922 en Gotemburgo, cursou estudos de Enxeñaría Química na súa cidade natal e logo iniciou a súa carreira como xefe de laboratorio na compañía AB Bäxinol. Mais un grave accidente de tráfico levouno a unha xubilación prematura cando só tiña 35 anos.Påhlsson, L. (1990).
Esa nova situación de incapacidade laboral permitiulle dedicar unha parte importante do seu tempo á numismática, unha disciplina á que era afeccionado. Así as cousas, en 1970 foi un dos fundadores da Sociedade de Literatura Numismática de Gotemburgo, que ata a data do seu falecemento producira 26 publicacións, nas que contribuíron diversos expertos en materia numismática.
Interesado tamén pola heráldica, Jönson foi nunha figura clave na Sociedade Heráldica de Suecia Occidental, da que foi nomeado membro vitalicio.
En recoñecemento á súa dedicación á literatura numismática, a Sociedade Numismática Sueca outorgoulle a súa Medalla Elias Brenner de prata en 1984."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen (numismatik.se).
Vida persoal e morte Lars-Ingvar Jönson estivo casado con Elsy Linnéa. Jönson finou o 4 de maio de 1990 aos 67 anos.
Publicacións
Escolma de artigos
(1977). “Kastpenningen till Erik XIV:s kröning 1561” ["A moeda conmemorativa da coroación de Erik XIV en 1561"] (con L. O. Lagerqvist). En Myntkontakt, 5. SNFT. Páxinas 6-7. (1985). “Synpunkter på skriftutgivning samt historik” ["Comentarios sobre a publicación de material escrito e a súa historia"] (con B. Saxin). En Myntkontakt, 2. SNFT. Páxina 43. (1988). “Numismatiska Litteratursällskapet” ["A Sociedade de Literatura Numismática"]. En Svensk Numismatisk Tidskrift, 4-5. SNFT. Páxina 141.
Monografías
(1975). Erik XIV:s mynt med "göteborgsmotiv" [Moedas de Erik XIV con 'motivos de Estocolmo'] (con L. O. Lagerqvist). Numismatiska litteratursällskapet, Gotemburgo. ISBN 9197005223 (1976). Mynten med Älvsborg : Erik XIV:s 3- och 11/2-mark 1562 : tecknaren och spegelvändningen [Moedas con Älvsborg: as moedas de 3 e 11½ marcos de Erik XIV, 1562: o deseñador e a imaxe espello]. Numismatiska litteratursällsk, Gotemburgo. ISBN 9197005231 (1982-1987). Erik XIV:s överarmsskada med fraktur och röntgentäta fragment [Lesión no brazo superior de Erik XIV, con fractura e fragmentos radiopacos]. Vol. 1. (1982); Vol. 2 (1986); Vol. 3 (1987). Numismatiska litteratursällskapet i Göteborg, Gotemburgo. ISBN 9197005932 (1985). Kulan från Mareds kärr och problem kring densamma [A bala da Batalla de Mareds Kärr e os problemas que a rodeaban]. Numismatiska litteratursällskapet i Göteborg. Gotemburgo. ISBN 9197005916 (1985). Jämförelse imellan mynts och varors värden i Sverige, uti särskildta tidehvarf [comparación dos valores das moedas e das mercadorías en Suecia en períodos concretos] (reedición da obra de A. Botin de 1771). Numismatiska litteratursällskapet i Göteborg. Gotemburgo. ISBN 9197005983
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Påhlsson, L. (1990). "Lars-Ingvar Jönson 1922 - 1990". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Svenska Numismatiska Föreningen. Novembro. Páxina 183.
Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Nados en Gotemburgo Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Enxeñeiros de Suecia Categoría:Enxeñeiros químicos Categoría:Personalidades sen imaxes