Bertil Wærn, nado en Uppsala o 3 de setembro en 1914 e finado o 15 de febreiro de 1995, foi un numismático sueco, director do Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala.

Traxectoria

Bertil Wærn naceu en 1914 en Uppsala e pasou a súa infancia en Estocolmo. Ingresou na Universidade de Uppsala para cursar estudos de Paleontoloxía, e acadou a súa licenciatura en 1945.

En 1952 ingresou na biblioteca Universitaria de Uppsala, na que durante anos se responsabilizou das adquisicións de obras relativas ás ciencias naturais. A partir de 1970 asumiu nesta institución a xefatura do Departamento de Mapas e Láminas, un posto que exerceu ata a súa xubilación en 1980.Nilsson, H. (1995).

Paralelamente ao seu labor profesional, Wærn prestáballe atención á súa nutrida colección de moedas antigas e amosaba grande interese polo seu estudo, ata o punto de que en 1960 o daquela vicerreitor da Universidade de Uppsala Torgny Segerstedt lle ofrecese facerse cargo da dirección do gabinete numismático da universidade, que ficara sen supervisión logo do falecemento do profesor Erik Grens o ano anterior. Wærn exerceu este cargo durante 32 anos, ata 1992. Un dos fitos do seu período de dirección foi a celebración do 500º aniversario da universidade, cando o Gabinete foi dotado dunhas instalacións máis amplas e se organizou unha gran exposición numismática sobre a historia da moeda sueca.

En recoñecemento ao seu labor no ámbito numismático, en 1986 a Sociedade Numismática Sueca galardoouno coa súa medalla Elias Brenner."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen (numismatik.se).

Bertil Wærn faleceu o 15 de febreiro de 1995, aos 80 anos, como consecuencia dunha longa doenza. Publicacións

Escolma de artigos

(1978). “Uppsala Universitets Myntkabinett” ["O Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala"]. En Myntkontakt, 3. Svenska Numismatiska Föreningen. Páxinas 68-73, 87. (1982). “Karl XI:s Göteborgshalvöre än en gång” ["O medio öre de Estocolmo de Carlos XI unha vez máis"]. En Myntkontakt, 7. Svenska Numismatiska Föreningen. Páxinas 173-174. (1988). “Tobakskungen. Inge Rudbeck 1633-1718]” ["O Rei do Tabaco. Inge Rudbeck 1633-1718]"]. En Svensk Numismatisk Tidskrift, 3. Svenska Numismatiska Föreningen. Páxinas 52-53.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Nilsson, H. (1995). "Bertil Wærn 1914 - 1995". En Svensk Numismatish Tidskrift, 5. Svenska Numismatiska Föreningen. Páxina 137.

Outros artigos

Gabinete Numismático da Universidade de Uppsala

Categoría:Nados en 1914 Categoría:Nados no condado de Uppsala Categoría:Finados en 1995 Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes