O Samsung Galaxy S5 é un teléfono intelixente do fabricante surcoreano Samsung que usa o sistema operativo Android. Tamén posúe unha versión máis recente, o Galaxy S5 New Edition, máis coñecido como Galaxy S5 Neo.

Con pantalla Full HD, Super Amoled de 5,1 polgadas con resolución de 1920 x 1080 píxeles, nas especificacións están un procesador Quad-Core de 2,5 GHz, memoria RAM de 2 GB, ademais de almacenamento interno de 16 ou 32 GB, con expansión por tarxeta microSD. O dispositivo tamén ten unha cámara con resolución de 16 megapíxeles na lente traseira e 2 megapíxeles na lente frontal. Para completar, están presentes unha batería extraíbel de 2800 mAh e conexión USB 3.0. O Samsung Galaxy S5 foi presentado durante a MWC 2014 e foi lanzado mundialmente o día 11 de abril de 2014.

A súa versión mais recente, o Galaxy S5 New Edition, posúe unha pantalla Super Amoled de 5,1 polgadas e resolución de 1920 x 1080 píxeles, un microprocesador Octa-Core de 1,6 GHz, memoria RAM de 2 GB, un almacenamento interno de 16 GB, unha cámara traseira con resolución de 15,9 MP, e unha cámara frontal con resolución de 5 MP. Por último, tamén posúe unha batería extraíbel de 2800 mAh, e unha conexión USB 2.0. Foi lanzado o 1 de outubro de 2015.

Especificacións técnicas Galaxy S5 Sistema operativo: Android 6.0.1 Marshmallow Procesador: Quad-Core de 2,5 GHz Snapdragon 801 Memoria RAM: 2 GB Memoria interna: 16 e 32 GB Cores: Negro, branco, dourado e azul Peso: 145 gramos Pantalla: 5,1 polgadas, Super AMOLED en Full HD, Corning Gorilla Glass 3 Cámara traseira: 16 megapíxeles, sensor de tamaño 1/2,6, flash LED, estabilización de imaxe, HDR, estabilización de imaxe dixital, detección de faciana e sorriso, gravación de vídeo en Full HD e 4K Cámara frontal: 2 megapíxeles Wi-Fi, Bluetooth e GPS Internet vía satélite: 3G e 4G Extras: Lector de pegadas dactilares, lector de pulsacións cardíacas e resistencia á auga e po con certificado IP67.

Galaxy S5 New Edition

Sistema operativo: Android 5.1 Lollipop Procesador: Octa-Core de 1,6 GHz Exynos 7 Octa 7580 Memoria RAM: 2 GB Memoria interna: 16 GB Cores: Negro, prata e dourado Peso: 145 gramos Pantalla: 5,1 polegadas, Super AMOLED Cámara traseira: 15.9 MP con abertura de f1.8, 5312 x 2988 píxeles de resolución máxima Cámara frontal: 5 MP, 1080p@30fps Wi-Fi, Bluetooth e GPS Internet vía satélite: 2G, 3G e 4G Extras: Lector de pulsacións cardíacas, resistencia á auga (certificado IP67) e sensor de luminosidade.

Notas

Categoría:Samsung Galaxy