Filip Harenstam, nado en Värnamo, Småland, o 5 de novembro de 1898 e finado en Slottsstadens, Malmö, o 20 de xullo de 1990, foi un enxeñeiro civil e numismático sueco.

Traxectoria Filip Harenstam naceu en 1898Hansson, A. (1999). na parroquia de Forsheda, Värnamo, provincia de Småland, un dos oito fillos de Hilda Kristina Nilsson (1871-1963) e do comerciante Johan Alfrid Härenstam (1868-1948)."Henrik Filip Gabriel Härenstam". Geneanet.org Un dos seus irmáns máis novos foi o historiador Curt Härenstman."Kurt Alfons Ferdinand Härenstam". Geneanet.org

Cursou a sua educación secundaria no instituto de Jönköping, no que se graduou en 1918, e despois asistiu á Universidade Tecnolóxica Chalmers (CTH), onde acadou o título de enxeñeiro civil en 1925. Logo fixo prácticas marítimas nunha circunnavegación arredor do mundo con Transatlantics Bullaren en 1926, e o ano seguinte accedeu a un posto como enxeñeiro na compañía Svenska AB Bromsregulator, con sede en Malmö. Nesa empresa estivo destinado nas delegacións de Polonia (1934-1937), de España (1951-1952), de Iugoslavia (1957) e da India (1960), e a partir de 1960 pasou a ser o xefe do Departamento de Fabricación na sede central en Malmö."Härenstam, H Filip G.". En Vem är Vem? / Skåne, Halland, Blekinge 1966. Páxina 379.

Paralelamente ao seu labor profesional, Harenstam foi un estudoso da historia antiga nórdica e da numismática. Foi membro da Sociedade Numismática de Escania desde 1943, unha entidade na que, logo de ser vicepresidente desde 1961, exerceu a presidencia de 1969 a 1973, e despois foi nomeado membro de honra.

En recoñecemento ao seu labor no ámbito numismático, en 1987 a Sociedade Numismática Sueca galardoouno coa súa medalla Elias Brenner, xunto con Mats P. Malmer e Kenneth Jonsson."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen (numismatik.se).

Vida persoal e morte Härenstam casou en 1931 con Gunhild Hansson (1899-1994).

Filip Harenstam finou na parroquia de Slottsstadens, Malmö, o 20 de xullo de 1990, aos 91 anos, e foi soterrado no bosque conmemorativo do cemiterio de Limhamn en Malmö.Begravda i Sverige, 2. Sveriges släktforskarförbund, Sundbyberg . ISBN 9789187676710

Escolma de publicacións Ademais de varios artigos, Filip Harenstam publicou unha serie de opúsculos que teñen a súa orixe en conferencias pronunciadas por el na Sociedade Numismática de Escania:"Filip Härenstam". Libris.kb.se

(1978). Vad kan man utläsa av inskriften på ett mynt? [Que se pode deducir da inscrición dunha moeda?]. Skånes numismatiska förening. (1980). Om taler-myntens uppkomst vid medeltidens slut [Sobre as orixes da moeda tálero na fin da Idade Media]. Skånes numismatiska förening. (1981). Om den gamla handelsstaden Hedeby och Nordens äldsta mynt [Sobre a antiga vila comercial de Hedeby e a moeda máis antiga da rexión nórdica]. Skånes numismatiska förening. (1984). Om Tyska orden och dess mynthistoria [Sobre a Orde Teutónica e a súa historia numismática]. Skånes numismatiska förening.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Hansson, A. (1999). "Filip Härenstam 5 nov. 1891 - 20 juli 1990". En Svensk Numismatish Tidskrift, 8. Svenska Numismatiska Föreningen. Páxina 183.

Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados na provincia de Småland Categoría:Finados en 1990 Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Enxeñeiros de Suecia Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner Categoría:Personalidades sen imaxes