Ulla Ehrensvärd, nada en Estocolmo o 18 de marzo de 1927 e finada na mesma cidade o 17 de abril de 2015, foi unha bibliotecaria, historiadora da arte e numismática especializada en medallas, debuxos arquitectónicos e mapas."Eva Marie Ulla Margareta Ehrensvärd". Svenskt kvinnobiografiskt lexikon (skbl.se).
Traxectoria
Primeiros anos e formación Eva Maria Ulla Margareta Ehrensvärd naceu en 1915 na parroquia de Engelbrekt, en Estocolmo. Estudou na Universidade de Ciencias Aplicadas de Estocolmo, na que se graduou en 1953, e logo acadou o seu doutoramento na Universidade de Estocolmo, mentres traballaba no seu terreo, defendendo unha tese sobre o gravador de medallas Erik Lindberg en 1974, cando tiña xa 47 anos.Ehrensvärd, U. (1974). Medaljgravören Erik Lindberg 1873-1966. Svenska Numismatiska Föreningen. ISBN 9789185204038 Os seus estudos posdoutorais incluíron un curso de cartografía no Instituto Real de Tecnoloxía, na década de 1970.Bäärnhielm, G. (2016).
Carreira profesional Ehrensvärd comezou a súa carreira como bibliotecaria en 1946, na Biblioteca Pública de Estocolmo, e en 1953 foi contratada para catalogar libros na Biblioteca Real de Suecia. En 1962 viaxou aos Estados Unidos cunha bolsa para estudar o funcionamento de bibliotecas de museos, e un ano despois foi nomeada xefa do Departamento de Mapas e Gravados da Biblioteca Nacional de Suecia,"In Memory of Ulla Ehrensvärd 1927-2015". National Library of Sweden (kb.se). un posto no que ficou ata 1981. Desde ese ano ata 1993, traballou nos Arquivos Militares.
Ehrensvärd mantivo unha longa asociación co Instituto Sueco de Investigación en Istanbul, entre 1976 a 1988, organizando a súa biblioteca, publicando o seu boletín informativo, organizando exposicións e investigando nas súas coleccións.Vahlquist, F. "Minnesord över Ulla Ehrensvärd". Swedish Research Institute in Istanbul (srii.org). Durante o mesmo período, foi xefa da exposición e do concurso "Svensk Bokkonst" (Deseño de Libros Suecos). Foi a representante sueca na Asociación Cartográfica Internacional e axudou a organizar conferencias de cartografía en Uppsala e Estocolmo en 1988 e 1991. Tamén deu unha conferencia na Biblioteca Newberry en 1981 sobre a cor na cartografía. Ademais, foi xefa da sección de historia da cartografía da Sociedade Cartográfica Sueca, de 1968 a 2001. Foi considerada unha das "tres grandes damas da cartografía", xunto con Eila Campbell e Helen Wallis.
Ehrensvärd organizou exposicións sobre debuxos franceses (1953), Erik Lindberg (1959), atlas (1966), globos terráqueos (1966), A. E. Nordenskiöld (1968), impresión en cor (1972), Edgar Chahine (1975),Ehrensvärd, U. (1975). Edgar Chahine (1874-1947): Illustrator and engraver (exhibition at the Royal Library, Stockholm, September 1975). ISBN 9789170000508 contactos turco-suecos (1977), gnomos e figuras de Papá Noel (1978), cartas mariñas e mapas de Estonia (década de 1980).
En 2004, Ehrensvärd recibiu un premio da Real Academia Sueca de Letras, Historia e Antigüidades que lle permitiu facer unha viaxe de investigación arquivística de gran duración. O seu libro The History of the Nordic Map: From Myths to Reality (2006) considérase un clásico na historia da cartografía.Ries, C. (2008). [Recensión de] "The History of the Nordic Map: From Myths to Reality by Ulla Ehrensvärd". En Imago Mundi. 60. 1. Páxina 113.
Ulla Ehrensvärd morreu na parroquia de Oscar, Estocolmo, o 17 de abril de 2015, aos 88 anos,"Ulla Ehrensvärd har avlidit". Karolinska förbundet (karolinskaforbundet.se). e foi soterrada no panteón familiar no cemiterio de Solna.
Recoñecementos
1989: Medalla Elias Brenner, da Sociedade Numismática Sueca."SNF:s Elias Brenner-medalj för förtjänsterinom numismatiken". Svenska Numismatiska Föreningen (numismatik.se).
Publicacións
(1962). Svenska arkitekturritningar i Eremitaget och andra samlingar i Leningrad. Nationalmuseum, Estocolmo. (1972). Gamla vykort. En bok för samlare. Bonniers, Estocolmo. (1974). Medaljgravören Erik Lindberg 1873-1966. Del 1: Introduktion, katalog över skulpturer, porträttmedaljonger, gravvårdar m.m. Svenska numismatiska föreningen, Estocolmo. (1979). Den svenska tomten. Svenska turistföreningen. (1984). Vasasamlingen. Arkitekturritningar från 1600-1800-talen. Katalog. Kungl. Samfundet för utgivande av handskrifter rörande Skandinaviens historia, Estocolmo. (1988). Medaljgravören Erik Lindberg 1873-1966. Del 2: Katalog över medaljer och mynt, index. Svenska numismatiska föreningen, Estocolmo. (1991). Kartor. Fem seklers svensk kartografi. Armémuseum, Estocolmo. (1993). Sveriges sjökarteväsende 1643-1993 (con H. Frithz). Sjöfartsverket, Norrköping. (1995). Mare Balticum. 2000 år av Östersjöns historia (con P. Kokkonen e J. Nurminen); Otava, Helsinki. (2002). Mare Balticum. Østersøen, myte, historie, kunst i 1000 år (con M. Andersen e S. Heiberg). Nationalmuseet, Copenhague. (2006). Nordiska kartans historia. Från myter till verklighet. Schildt, Helsinki. (2006). The History of the Nordic Map: From Myths to Reality. John Nurminen Foundation. ISBN 9789529745203 (2008). Cartographica Poloniae 1570–1930. Catalogue of manuscript sources in Swedish collections to the history of Polish territories. Wydawnictwo Retro-Art, Varsovia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Bäärnhielm, G. (2016). "Ulla Ehrensvärd, 1927-2015". En Imago Mundi, 68. 1. Páxinas 92-96.
Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Estocolmo Categoría:Finados en 2015 Categoría:Numismáticos de Suecia Categoría:Historiadores de Suecia Categoría:Historiadores da arte Categoría:Bibliotecarios Categoría:Alumnos da Universidade de Estocolmo Categoría:Cartógrafos Categoría:Arquiveiros Categoría:Galardoados coa medalla Elias Brenner