Jungjeung oesang senteo (en ) é unha serie de televisión surcoreana de 2025 escrita por Choi Tae-kang, dirixida por Lee Do-yoon e protagonizada por Ju Ji-hoon, Choo Young-woo, Ha Young, Yoon Kyung-ho e Jung Jae-kwang. Baséase na novela Trauma Center: Golden Hour de Hansanleega e Hongbichira, que foi serializada nun Naver Webtoon en 2019. A serie conta a historia de Baek Kang-hyuk, un brillante cirurxián de trauma que se une a un hospital universitario en dificultades. Estreosue en Netflix o 24 de xaneiro de 2025.

Sinopse Baek Kang-hyuk chega a un hospital universitario onde o equipo de traumatoloxía ten dificultades para dar abasto. A súa chegada revoluciona a situación, xa que posúe unhas habilidades cirúrxicas excepcionais, perfeccionadas grazas á súa experiencia en zonas de conflito de todo o mundo. Os seus métodos pouco convencionais e a súa confianza inquebrantable xeran inicialmente friccións co equipo xa estabelecido. Pouco a pouco, gaña o seu respecto e guíaos para converterse nunha unidade de traumatoloxía de referencia.

Personaxes Ju Ji-hoon como Baek Kang-hyuk Choo Young-woo como Yang Jae-won Ha Young como Cheon Jang-mi Yoon Kyung-ho como Han Yu-rim Jung Jae-kwang como Park Gyeong-won

Notas

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2025 Categoría:Series de televisión en lingua coreana Categoría:Series de televisión de Corea do Sur