Andrew Meadows, nado o 6 de decembro de 1965,"Meadows, Andrew". Isni.oclc.org é un numismático e historiador británico, profesor de Historia Antiga na Universidade de Oxford.
Traxectoria
Andrew Meadows cursou estudos de Cultura Clásica no Trinity College, da Universidade de Oxford. Logo de dous anos de estadía posgrao na Universidade de Míchigan regresou a Oxford, onde acadou o seu doutoramento."Andrew Meadows". New College. University of Oxford (new.ox.ac.uk).
Entre 1995 e 2007 ocupou no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, de Londres, o posto de conservador de Moedas Gregas. Nese último ano marchou aos Estados Unidos, onde foi membro do Instituto de Estudos Avanzados de Princeton. A American Numismatic Society, de Nova York, encomendoulle o posto de conservador de moedas gregas da súa colección, e entre 2008 e 2014 foi tamén subdirector desta entidade. En 2014 volveu a Inglaterra, e desde entón exerce como profesor titular de Historia Antiga no New College da Universidade de Oxford."Professor Andrew Meadows". Faculty of Classics. University of Oxford (classics.ox.ac.uk).
No seo desa universidade, en 2015 foi nomeado conservador honorario do Museo Ashmolean, e en outubro de 2019 asumiu tamén a dirección do Centro para o Estudo de Documentos Antigos."Prof. Andrew Meadows". Centre for the Study of Ancient Documents (csad.ox.ac.uk).
Meadows é autor ou editor máis de 120 libros e artigos."Andrew R. Meadows". Numista.com"Andrew Meadows". Academia.edu Os eixes das súas investigacións sitúanse nos períodos republicanos grego e romano, cunha especial atención ao Oriente helenístico, e as áreas de especial interese son a Asia Menor e o Imperio Tolemaico, e a epigrafía e a numismática gregas.
De 1998 a 2006, Meadows foi secretario do comité Sylloge Nummorum Graecorum (SNG) da Academia Británica, e en 2013 pasou a dirixir o proxectro internacional do mesmo nome. Tamén é membro da Royal Numismatic Society, de Londres, onde foi nomeado secretario honorario entre 2002 e 2005. En 2015 ingresou no Consello Internacional de Numismática, a cuxo comité de dirección pertence."Committee of the INC". International Numismatic Council (inc-cin.org).
Publicacións
Escolma de monografías
(2001). Money and Its Uses in the Ancient Greek World (con K. Shipton). OUP. Oxford. ISBN 9780199240128 (2002). Coin Hoards. Volume IX: Greek hoards (con U. Wartenberg [Special Publications of the RNS. Nº 35]. Royal Numismatic Society, Londres. ISBN 978-0897223157
(2002). Sylloge Numorum Graecorum (Great Britain). The British Museum. Vol. IX. Part 2, Spain (con P. Bagwell Purefoy). British Museum. ISBN 9780714118024 (2004). History re-stored. Ancient Greek Coins from the Zhuyuetang Collection (con R. W. C. Kan). Zhuyuetang, Hong Kong.
(2010). Coin Hoards. Volume X: Greek Hoards (con O. Hoover e U. Wartenberg). ANS / RNS. ISBN 978-0897223157 (2017). Egyptian Hoards I: The Ptolemies (con T. Faucher e C. Lorber). IFAO. ISBN 978-2724706895 (2018). Alexander the great. A linked open world (con S. Glenn e F. Duyrat). Ausonius ed. ISBN 978-2356132352 (2022). Presbeus: Studies in Ancient Coinage Presented to Richard Ashton (con U. Wartenberg). ANS, Nova York. ISBN 978-0897223768
Notas
Categoría:Nados en 1834 Categoría:Finados en 1934 Categoría:Nados en Derbyshire Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Alumnos da Universidade de Cambridge Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Alumnos da Universidade de Míchigan Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Personalidades sen imaxes