Binaural é o sexto álbum de estudio da banda de rock alternativo estadounidense Pearl Jam, editado o 16 de maio de 2000 a través do selo Epic Records. Tras unha gran xira de promoción do seu anterior disco, Yield, o grupo tomouse un pequeno descanso antes de reunirse novamente cara finais de 1999 para comezar a traballar nun novo álbum. Durante a produción do disco, a banda atopouse con obstáculos como o bloqueo de escritor do vocalista Eddie Vedder e o inicio dun proceso de rehabilitación do guitarrista Mike McCready debido á súa adicción a medicamentos. Binaural estreouse no número 2 da lista Billboard 200.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de Pearl Jam Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums de Epic Records