Rodrigo Romaní Blanco, nado en Noia o 16 de xullo de 1957, é un músico galego, membro durante 22 anos do grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu até o 2022.
Traxectoria Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 deixou o seu antigo grupo para publicar discos en solitario, nos que acostuma ter colaboracións. Publicou tres discos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012). É profesor de arpa no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.
É un multi-instrumentalista (arpista, tamén toca a guitarra, o bouzouki e a ocarina), ademais de ser vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras, do dúo Sete Saias. Creou un trío musical chamado Lizgairo, xunto a Anxo Pintos e Xosé Liz.
En 2013 foi elixido para representar a SGAE no consello territorial.Rodrigo Romaní é elixido presidente do Consello Territorial da SGAE
Vida persoal Irmán da poeta e xornalista Ana Romaní, vive en Albeida (Outes).
Discografía Albeida (2000) Cantos caucanos (2003) As arpas de Breogán (2012)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Chat con Rodrigo Romaní Vídeo musical: Albeida
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Noia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Arpistas de Galicia Categoría:Premios María Casares Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia