Iván Puentes Rivera, nado en Perlío (Fene) o 17 de abril de 1980, é un político galego. É licenciado en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo e traballou durante algo máis de tres anos como redactor e presentador das canles internacionais da Televisión de Galicia.
Traxectoria Dende moi novo participou activamente na política. Con 18 anos afiliouse ó PSdeG-PSOE en Fene, idade na que tamén ingresou nas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG). Nas eleccións municipais de 1999 ocupou o oitavo posto da candidatura que o Partido Socialista presenta no Concello de Fene. Pouco despois, Puentes pasou a formar parte da dirección local do Partido e na universidade integrouse no movemento estudantil de esquerdas. miniatura|Papeleta das Eleccións locais de 2019 en Pontevedra do PSdeG - PSOE. Nas eleccións de 2003 volveu formar parte da candidatura socialista en Fene, nesta ocasión no cuarto posto, e saíu elixido concelleiro. Ata 2007 foi o voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, levando a cabo como líder da oposición unha política especialmente crítica, aínda que colaboradora, co goberno do BNG que dirixiu Fene dende 1979 ata ese 2007.
En decembro de 2004, a lista que el encabeza gañou o Comité Comarcal dos socialistas de Ferrolterra e resultou elixido Secretario Xeral da Agrupación Comarcal de Ferrolterra do PSdeG-PSOE.
Logo das eleccións autonómicas de 2005, nas que Emilio Pérez Touriño asumiu a Presidencia da Xunta de Galicia, Iván Puentes integrouse, como adxunto á Área de Organización, na Secretaría de Organización e Acción Electoral Nacional do PSdeG-PSOE, que dirixía Ricardo Varela Sánchez, conselleiro de Traballo.
Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Fene, logrando, por primeira vez dende a II República a vitoria dos socialistas neste concello e provocando o primeiro relevo desde a Transición á fronte da alcaldía de Fene, ocupada dende 1979 polo histórico nacionalista Xosé María Rivera Arnoso. Puentes foi investido alcalde de Fene o 16 de xuño de 2007, converténdose así no alcalde máis novo de Galicia. Pero as desavinzas entre o PSdeG e o BNG racharon co goberno en xullo de 2009, dando paso a un goberno socialista en minoría.
Desempeñou tamén diversas responsabilidades nas Xuventudes Socialistas de Galicia. Foi Secretario de Organización Nacional de novembro de 2002 a novembro de 2006, delegado de XSG no Comité Nacional do PSdeG-PSOE e no Comité Federal das Juventudes Socialistas de España e membro do Consello Político de JSE, órgano asesor da Executiva Federal, ademais de Secretario de Organización e Secretario Xeral de XSG Fene.
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Fene
Ligazóns externas Blog de Iván Puentes
Categoría:Alcaldes de Fene Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes