miniatura|Escudo do Arcebispo.

Juan Pardo Tavera, nado en Toro (provincia de Zamora) o 16 de maio de 1472 e finado en Toledo o 1 de agosto de 1545, foi un relixioso castelán, arcebispo de Santiago de Compostela e de Toledo.

Traxectoria Formado en Leis e Teoloxía, sobriño do bispo Diego de Deza, foi Conselleiro da Inquisición española e Reitor da Universidade de Salamanca a principios do século XVI. No ano 1514 foi nomeado Bispo de Ciudad Rodrigo. Nesta época traballou preto da Corte de Carlos V e obtivo da súa man o Bispado na diocese de Osma. Presidiu o Consello de Castela e a Chancelería de Valladolid. A súa dedicación á Coroa permitiulle chegar a obter o arcebispado da arquidiocese de Santiago de Compostela, ao mesmo tempo que presidía as Cortes de Toledo e as de Valladolid no ano 1525.

Obtivo o cardealato o 22 de febreiro de 1531 polo papa Clemente VII e, tres anos máis tarde obtivo a arquidiocese primada de Toledo. Renunciou ao Consello de Castela para facerse cargo do posto de Inquisidor xeral no ano 1539.

Véxase tamén Outros artigos Preito Tabera - Fonseca

Categoría:Arcebispos e bispos de Compostela - Iria Categoría:Nados en 1472 Categoría:Finados en 1545 Categoría:Nados en Zamora Categoría:Arcebispos e bispos de Toledo Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina