A canle de Panamá (en ) é unha canle de navegación interoceánica de 77,1 quilómetros, localizada en Panamá, no punto máis estreito entre o mar Caribe e o océano Pacífico. Os cortes da canle a través do istmo de Panamá son un conduto clave para o comercio marítimo internacional. Hai esclusas en cada extremo para alzar barcos ata o lago Gatún, un lago artificial creado para reducir a cantidade de traballo de escavación necesaria para a canle, 26 metros sobre o nivel do mar. Inaugurado o 15 de agosto de 1914, tivo un grande efecto na economía mundial ao diminuír a distancia e os tempos da comunicación marítima entre os océanos Atlántico e Pacífico, xa que antes os pasos naturais utilizados entre estes océanos eran o estreito de Magallanes e o cabo de Fornos, situados no extremo austral de Chile, este feito provocou melloras económicas e comerciais durante case todo o século XX.
Proporciona unha vía de tránsito curta e relativamente barata entre estes dous grandes océanos, influíu considerablemente sobre os padróns do comercio mundial, impulsou o crecemento nos países desenvolvidos e deulle a moitas áreas do mundo o impulso básico que necesitan para a súa expansión económica. Por exemplo, un barco carboeiro que saia da costa oriental dos Estados Unidos en dirección ao Xapón pola canle de Panamá, aforra uns 4.800 km, en comparación coa alternativa máis curta dunha ruta marítima; un barco bananeiro que sae de Colombia en dirección a Europa, aforra unha distancia duns 9.000 km.
En 2012, Estados Unidos, China, Chile, Xapón e Corea do Sur foron os cinco principais usuarios da canle.
Introdución Na súa gran maioría, o tráfico da canle é o que liga a costa atlántica dos Estados Unidos e o oriente asiático, mentres que o tráfico entre Europa e a costa oeste dos Estados Unidos e o Canadá constitúen a segunda rota principal. Porén, outras rexións e países de Centro e Suramérica dependen proporcionalmente moito máis desta vital arteria para mellorar a súa economía e incrementar o comercio.
Dende a súa apertura, a canle proporcionou un servizo de tránsito de calidade a máis de 700.000 barcos. Aínda cando nos últimos anos se produciu un aumento no número e tamaño dos barcos que o transitan, grazas á execución de melloras deseñadas para responder á demanda do tráfico, o tempo medio de permanencia dun barco nas súas augas segue sendo inferior ás 24 horas.
A República de Panamá asumiu a responsabilidade total da administración, funcionamento e mantemento da canle de Panamá o mediodía do 31 de decembro de 1999 (ver Tratado Torrijos-Carter). A entidade gobernamental, denominada Autoridade da Canle de Panamá (ACP), creada pola constitución panameña e regulada pola lei 19 do 11 de xuño de 1997, é a responsable da administración da canle. Conforme esta constitución a canle constitúe un patrimonio inalienable de Panamá, polo cal non pode ser vendido, nin cedido, nin hipotecado, nin, de ningún outro modo, gravado ou alleado. O réxime xurídico que se estableceu para a ACP, ten como obxectivo fundamental preservar as condicións de funcionamento da canle.
Anualmente, invístense arredor de dez millóns de dólares en programas de adestramento do persoal de funcionamento e mantemento. Hai un servizo de reservas de tránsito que lles permite a unha cantidade limitada de naves garantir unha data de tránsito, ata cun ano de anticipación, por medio do pagamento dunha tarifa preferencial.
Descrición miniatura|Dous barcos panamax cruzando as esclusas de Miraflores A canle de Panamá atópase situada entre o Golfo de Panamá, dentro do océano Pacífico, e o mar Caribe no Atlántico. A forma sinuosa do istmo de Panamá fai que o percorrido da canle se atravese de sueste (no Pacífico) ao noroeste (no Atlántico). Para evitar toda confusión, as autoridades da canle clasifican os tráficos en dúas categorías: dirección norte (do Pacífico ao Atlántico) e dirección sur (do Atlántico ao Pacífico).
A canle pode acoller barcos de diferentes tamaños, desde iates privados ata grandes naves mercantes. Os grandes barcos que se deseñan tomando a Canle de Panamá como padrón, tomando a restrición de máxima anchura admisible, son chamados Panamax. Un número crecente de naves exceden este tamaño, aos que se lles chama post-Panamax. De media, a viaxe cruzando esta canle para un buque de carga dura unhas nove horas. En 2008, 12.849 naves tomaron a canle, transportando un total de 198 millóns de toneladas de carga. Arranxamento da Canle miniatura|220px|A Ponte das Américas é unha ponte con estrada que permite o paso da circulación por encima da Canle de Panamá. Atópase situado na entrada do Pacífico.
A canle consiste en dous lagos artificiais, certo número de canles adaptadas á navegación, canles artificiais e tres conxuntos de esclusas. Un lago artificial suplementario, o lago Alajuela, serve de depósito de acumulación de auga para a canle. O percorrido que faría un barco do océano Pacífico ao Atlántico sería o seguinte:
Logo de pasar os elementos de balizamento que marcan a entrada para o golfo de Panamá ata as esclusas de Miraflores, as naves percorren 13,2 km dentro da canle, pasando por baixo do Ponte das Américas. O sistema de esclusas de Miraflores ten unha lonxitude de 1,7 quilómetros (incluíndo os muros de aproximación) e un desnivel de 16,5 m con media marea. O lago artificial de Miraflores ten 1,7 km de longo e atópase a 16,5 metros por encima do nivel do mar. A esclusa de Pedro Miguel de 1, 4 km de longo é a última parte en fase de ascensión, cun desnivel de 9,5 m. O Corte Gaillard ten 12,6 km de lonxitude a unha altitude de 26 metros e pasa a través da ponte Centenario. O río Chagres, curso de auga natural mellorada polo encoro que conforma o lago Gatún, forma parte da ruta dos barcos durante 8,5 km ata a súa vertedura no lago Gatún. O lago Gatún, un lago artificial formado pola toma Gatún, que serve de medio de movemento dos barcos durante 24,2 km. As esclusas de Gatún, formadas por tres etapas cunha lonxitude total de 1,9 km que retornan ás naves ao nivel do mar. Unha canle de 3,2 km que serve de aproximación ás esclusas da costa Atlántica. A Baía Limón, un inmenso porto natural, que permite o amarre das naves en parada e que transcorre durante 8,7 km da ruta ata o dique exterior.
O tráfico total logo da entrada da canle na costa Pacífica ata a costa Atlántica é de 76,9 km.The Panama Canal as a Passageway for Fishes, Samuel F. Hildebrand, Zoologica (Nova York), 1939 A máxima amplitude da marea do Pacífico é de 6,55 m ( 3,35 m de marea alta e -3,20 m de marea baixa), o desnivel de Miraflores varía pois de 13,1 m a preamar ata 19,7 m baixamar. A costa Atlántica non excede en 60 cm de amplitude das mareas. O nivel medio do mar na costa Pacífica é de 20 cm máis alto que o da costa Atlántica de media.Sea Level: Frequently asked questions and answers , Proudman Oceanographic Laboratory.
A Baía Limón da costa Atlántica é un peirao protexido por un dique . Como a súa capacidade non se adapta ao número ou o tamaño dos barcos que utilizan a canle, hai numerosos barcos que amarran fóra da baía. O peirao da costa Pacífica é aberto e atópase protexido pola topografía do golfo.
Esclusas miniatura|Time-lapse de 24 horas da cámara superior das esclusas de Miraflores, Canle de Panamá, Panamá. Mirando cara ao norte ata as esclusas de Pedro Miguel e a Ponte do Centenario (Imaxe cada 30 segundos desde o 12 de novembro de 2012 ás 12:00 ata o 13 de novembro de 2012 ás 12:00. Estas 2880 imaxes móstranse a 24 fotogramas por segundo, a duración do vídeo é de 2 minutos). As partes máis espectaculares da canle son as esclusas. Estas son moi grandes, con 33,53 metros de ancho e 304,8 metros de longo utilizable.El Canal de Panamà, de George W. Goethals. A profundidade dispoñible varía, aínda que a profundidade mínima é de 12,55 m dentro da parte sur das esclusas de Pedro Miguel.Vessel Requirements , pola autoridade da canle. as dimensións das esclusas son as que determinan a anchura máxima dos barcos, esta medida é chamada Panamax. Todas as esclusas da canle están por pares: formando dúas esclusas en paralelo a cada un dos tres lugares onde se atopan, autorizando o paso das naves nas dúas direccións. No entanto, as grandes naves non poden cruzar rapidamente dentro do Corte Gaillard. Isto fai que na práctica, a regulación do tráfico, sexa alternativa nas dúas direccións. Deste xeito, malia existir alí dúas vías con esclusas, non é posible o paso simultáneo en ambos os sentidos.
Cada cámara entre esclusas pode reencher ata 101.000 metros cúbicos de auga.Preguntas Frecuentes da autoridade da canle . A auga entra por gravidade grazas ao derramo de auga por uns condutos en cada cámara. Os barcos son axudados por unhas pequenas locomotoras chamadas mulas (nome que se lle dá debido á participación tradicional das mulas na axuda para tirar de barcas) sobre un sistema de raís dispostos sobre os muros das esclusas. As barcas máis pequenas son amarradas e empuxadas á man.
Os Lagos Gatún e Alajuela O Lago Gatún e a ribeira do Chagres son os compoñentes claves da canle, permitindo ás naves atravesar unha parte importante do istmo. O lago é en si un encoro de auga, que permite ás esclusas funcionar durante a estación seca. A formación do lago e o ancheamento da ribeira efectuáronse grazas á construción da represa Gatún sobre a ribeira do Chagres. O val orixinal do Chagres foi artificialmente inundado. Ademais, aínda quedan troncos semimergullados que poden representar un perigo para as barcas que se aventuran máis aló das vías balizadas. Despois dun século, os troncos de caoba soben aínda á superficie. Existe un pequeno atallo a través do lago, chamado o corte Banana , que é utilizado polos iates e as autoridades da canle co obxectivo de evitar o tráfico importante.The Panama Canal , basant-se en S/V Pelorus Jack Hai moitas illas situadas no Lago Gatún, por exemplo a illa Barro Colorado, onde queda o Instituto tropical de investigación do Smithsonian.
O volume de auga utilizado polos barcos ao pasar polas esclusas combinado coas variacións estacionais das precipitacións complican o mantemento do nivel da auga no lago Gatún, con dificultade engadida na estación seca. Un encoro adicional, a toma Madden, foi construído sobre o Chagres, creando o lago Alajuela (tamén coñecido co nome de lago Madden), procurando así unha reserva de auga suplementaria pola canle .Madden Dam, baseándose en CZ Brats.
Datos miniatura|220px|Buque nas esclusas de Miraflores Durante a construción da canle elimináronse máis de 183 millóns de m³ de material orixinalmente escavado que, se se puxese nun tren de plataformas, daría a volta ó mundo catro veces.
Do punto de vista técnico, esta é unha magnífica obra de enxeñaría e un dos maiores logros humanos. Do Atlántico ao Pacífico mide 80 quilómetros de longo; ten unha profundidade de 12,8 metros no Atlántico e de 13,7 metros no Pacífico; o largo é de 91 a 300 metros. Ten dous portos terminais, un en cada océano; tres xogos de esclusas xemelgas: Miraflores, Gatún e Pedro Miguel, e un dos maiores lagos artificiais do mundo: o Gatún, que cobre 425 quilómetros cadrados e formouse por unha represa de terra construída no leito do río Chagres.
O 7 de xaneiro de 1914, o barco-guindastre Alexander La Valle realizou o primeiro tránsito completo pola canle. Porén, non foi senón ata o 15 de agosto dese ano cando o vapor Ancón a inaugurou oficialmente. En 1928, Richard Halliburton nadou a canle, pagando unha peaxe de 0,36 dólares estadounidenses. A súa travesía de 10 días comezou o 14 de agosto e terminou o 23 dese mes. A canle funciona ininterrompidamente, día e noite, dende maio de 1963, cando se instalou un novo alumeado fluorescente no Corte Gaillard ou Culebra y las tres esclusas. En xaneiro de 1999, o buque de carga rodante Sisler conseguiu bater a marca de peaxes, ao pagar 184.114,80 dólares por cruzar a canle. O récord anterior tíñao en 165.235,58 dólares o cruceiro Rhapsody of the Seas, en abril de 1998.