A Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España é a institución española que outorga de forma anual os premios do cine español: Premios Goya. O xerme: a reunión en O'Pazo O 12 de novembro de 1985 reuniuse no restaurante O'Pazo de Madrid unha serie de pesos pesados do cine español. A reunión, convocada polo produtor Alfredo Matas, tiña como fin analizar a situación do cine español naquel momento.

Á reunión asistiron entre outros os directores Luis García Berlanga e Carlos Saura, os directores de produción Marisol Carnicero e Tedy Villalba, o actor José Sancristán e a actriz Charo López, os montadores Pablo González del Amo e José Luis Matesanz, o guionista Manuel Matji, o músico José Neto, o director de fotografía Carlos Suárez e o decorador Ramiro Gómez.

As conclusións ás que se chegaron, avaladas por oitenta e sete firmas de profesionais, darían lugar ó nacemento da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España (AACCE) mes e medio despois.

A Academia A Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España creouse de forma oficial o 8 de xaneiro de 1986, como unha institución de dereito privado e con personalidade xurídica propia. O seu principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento do cine español, tanto dentro de España como a nivel internacional. O primeiro presidente da academia foi José María González Sinde.

José María González Sinde (1986-1988) Fernando Trueba (1988) Antonio Giménez-Rico (1988-1992) Fernando Rey (1992-1994) Gerardo Herrero (1994) José Luis Borau (1994-1998) Aitana Sánchez-Gijón (1998-2000) Marisa Paredes (2000-2003) Mercedes Sampietro (2003-2006) Ángeles González Sinde (2006-2009) Eduardo Campoy (2009, en funcións) Álex de la Iglesia (2009-2011) Enrique González Macho (2011-2015)

Antonio Resines (2015-2016)

Yvonne Blake (2016-2018) Mariano Barroso (2018-2022) Fernando Méndez-Leite (2022-)

Obxectivos Os obxectivos da Academia, tal e como aparecen na súa páxina web, son: Fomentar o progreso das artes e das ciencias relacionadas directa ou indirectamente coa cinematografía. Promover a asistencia e o intercambio de información científica, artística e técnica entre todos os seus membros. Realizar estudos e traballos sobre cuestións relacionadas coa cinematografía e artes afíns. Facilitar á Administración Pública os informes que sobre materias relacionadas coa cinematografía que lle sexan solicitados, así como propor á mesma as iniciativas que a Academia estime oportunas. Editar e difundir os estudos científicos, artísticos e técnicos que a Xunta Directiva estime convenientes. Establecer intercambios científicos, artísticos e culturais con entidades similares estranxeiras. Procurar o desenvolvemento e perfeccionamento das distintas especialidades relacionadas coa cinematografía, fomentar o intercambio de experiencias entre os seus membros, coordinar os diferentes aspectos da súa actuación e analizar e resolver problemas comúns. Ademais, a Academia concederá premios anuais ós mellores traballos sobre temas de investigación científica e bolsas ou pensións para a ampliación de estudos relacionados coa cinematografía en España ou no estranxeiro. Calquera outra actividade tendente a elevar o nivel artístico, técnico ou científico dos seus membros e estimular a conciencia dos cidadáns, dando ás artes cinematográficas o nivel artístico que merecen, e a construtiva colaboración entre a Administración Pública e as persoas relacionadas coas artes cinematográficas. Membros da Academia Para ser Membro da Academia requírese: ser español e exercer calquera das actividades profesionais cinematográficas.

Tamén calquera estranxeiro estreitamente vinculado coa cinematografía española pode ser membro, a condición de que a Xunta Directiva o considere merecedor de devandita prerrogativa.

Casos Polémicos En 1999 vertéronse acusacións de compra de votos para a película El abuelo de José Luis Garci. En 2004, Pedro Almodóvar e o seu irmán abandonaron a Academia, alegando o seu desacordo co sistema de votacións dos Goya. Na última edición dos premios, estes foran no seu maior parte a Alejandro Amenábar, deixando sen ningún a La mala educación. Nos últimos anos do goberno Aznar, os membros da Academia tomaron partido en temas políticos como o Non á guerra de Iraq ou o caso Prestige, sendo unha das súas principais cabezas visibles a actriz Pilar Bardem. Estes feitos crearon malestar entre algúns membros da Academia, o que levou a Luis García Berlanga, un dos seus fundadores e presidente de honra, a afirmar sobre a propia Academia:

Véxase tamén Ligazóns externas Academia de Cine Web oficial.

Categoría:Cinema de España Categoría:Academias de España