A praia de Chanteiro é un pequeno areal en forma de cuncha, de area dourada e fina, situada na enseada de Ares, entre Punta do Segaño e Punta Coitelada, nunha contorna semiurbana. Ten unha distancia de 350 metros por 40 de ancho.

Con ondada moderada, ideal para a vela e os deportes náuticos, como o mergullo. Propicia a navegación, con zona de fondeo de embarcacións. Boa para nadar e gozar da auga (máis ben fresquiña) e do Sol, nun contorno moi tranquilo, rodeada de piñeirais e toxeiras.

Chanteiro