Iapeto ou ocasionalmente Xapeto, é o terceiro satélite natural máis grande de Saturno, o undécimo máis grande no Sistema Solar, e o astro máis grande no Sistema Solar que carece de equilibrio hidrostático. Iapeto é famoso pola súa dramática coloración en dúas tonalidades: de movemento de rotación sincronizado co seu movemento arredor de Saturno, a grandes trazos, a parte frontal da súa superficie é escura, cuberta de po con baixo albedo, con compoñente carbónica, mentres a parte posterior é clara, xeo sen recubrir de po que reflicte moi ben a luz, con temperaturas polo tanto máis baixas. Os descubrimentos realizados pola sonda Cassini en 2007 revelaron outras características curiosas, como a existencia dunha inmensa cordilleira ecuatorial que percorre tres cuartas partes do diámetro da lúa, uns 1600 km.

Notas

Categoría:Lúas de Saturno