Ninetjer foi o terceiro faraón da segunda dinastía de Exipto; reinou c. 2785-2742 adC (von Beckerath).

Manetón denomínao Binotris (Xulio Africano) ou Biofis (Eusebio de Cesarea) e atribúelle 47 anos de reinado.

A Pedra de Palermo menciona a celebración de numerosas festas relixiosas, a realización do empadroamento e dun censo de gando (cada dous anos).

Continúa a política de desprazamentos cara ao norte do país, iniciada polos seus antecesores, como forma de consolidar a unificación emprendida polo primeiro faraón Menes.

Manetón comenta que durante este reinado lexislouse que as mulleres podían exercer o poder real.

Testemuños da súa época

Impresións de selo nunha galería preto da pirámide de Unis en Saqqara; quizais o lugar do enterro de Ninetjer (Hassan) (Wilkinson). Impresións de selo nunha gran tumba de Giza (Petrie). Impresións de selo, tumbas 2171 e 2302 en Saqqara (Quibell). Inscricións de Helwan (Saad).

Predecesor: Raneb Faraón Segunda dinastía Sucesor: Weneg

Categoría:Segunda dinastía de Exipto Categoría:Faraóns