Acontecementos
Europa 27 de maio - Inicia o seu reinado Afonso III de Asturias, dito o Magno, asociado xa como monarca con seu pai, Ordoño I, desde 862 (até 909). O conde galego Hermenexildo Pérez disputa o trono a Afonso III. Derrotado, os seus bens son confiscados e doados á diocese compostelá. Desfeita dunha frota islámica, mandada por Abdel-Hamid ben Ganim, na foz do río Miño. Invasión danesa de Inglaterra, que tenta combater Aethelred (Ethelred), rei de Wessex (até 871). Os daneses conquistan pouco a pouco Inglaterra tomando como base Londres e o río Támese. 1 de novembro : os daneses toman York, que será a capital do reino viquingo de York durante un século (até 954). En dous anos os daneses ocupan Northumbria (866-867). Osberhth e Aelle, reis locais, son matados (867).
Oriente Próximo Comezo do goberno do califa Muhammad Al-Mutaz (até 869).
Nacementos 19 de setembro - León VI o Sabio, emperador de Bizancio (m. 912).
Mortes 27 de maio - Ordoño I de Asturias (n. 821). 2 de xullo - Roberto o Forte, marqués de Neustria, conde de Tours e Anjou. 16 de decembro - Eberardo de Friúl, marqués de Friúl (n. 820). Bardas, co-emperador bizantino, asasinado.
Outros
Historia ano a ano
Categoría:866