Un viaje por Galicia é un filme documental rodado por Luis Rodríguez Alonso en 1929 para ser exhibido na Exposición Iberoamericana de Sevilla, así e todo non foi montado polo seu director xa que faleceu despois da súa rodaxe. Encargado polo comisario do Pavillón de Galicia, foi subvencionado polas deputacións galegas, o que causou polémica na prensa galega, xa que o autor era palentino e rexeitárase un proxecto similar do galego José Gil y Gil. Foi a primeira cinta que restaurou o Centro Galego de Artes da Imaxe (1991).
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Filmes de 1929 Categoría:Filmes de Galicia