John William Alcock, nado en Stretford o 5 de novembro de 1892 e finado en Ruán o 18 de decembro de 1919, foi un aviador inglés.

Traxectoria Capitán da Royal Air Force, adquiriu ampla experiencia de voo durante a Primeira guerra mundial, aínda que foi derrubado e levado prisioneiro a Turquía. Co tenente Arthur Bronwn realizou nun bombardeiro bimotor a viaxe sen escalas dende Terra Nova a Irlanda de 3.040 km en 16 horas e 12 minutos o 14 de xuño de 1919.

Morreu nun accidente de aviación, mentres probaba un novo modelo de aeroplano anfibio en Francia.

Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados no Gran Manchester