dereita|miniatura|Capela de Santo Isidro.

A Estación, tamén chamada A Estación da Pobra do Brollón, é un núcleo e aldea do concello da Pobra do Brollón, que forma parte de dúas parroquias: Abrence e Cereixa. En 2021 tiña 63 habitantes, 51 de Abrence e 12 de Cereixa, sendo unha das aldeas máis poboadas do concello.

Toponimia O topónimo A Estación é un hodónimo e débese á presenza do lugar a carón dunha estación de ferrocarril, a estación da Pobra do Brollón, construída en 1883 para dar servizo á liña León - A Coruña.

Xeografía Sitúase a escasos 2 km da capital municipal e ao norte da estrada N-120.

Festividades As festas da aldea son cara ao 15 de maio, na honra á santo Isidro Labrador, patrón da aldea.

Tódolos meses, o día 2 celébrase a feira na Estación.

Lugares e parroquias Lugares de Abrence

Lugares de Cereixa

Parroquias da Pobra do Brollón

Notas

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón Categoría:Lugares divididos entre dúas parroquias Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía