O persa ou parsiDicionario da Real Academia Galega (فارسی, fārsī) é unha lingua irania occidental, pertencente á rama das linguas iranias da subdivisión das linguas indoiranias da familia indoeuropea. O persa é unha lingua pluricéntrica falada e usada oficialmente en Irán, Afganistán e Tadjiikistán en tres variedades estandarizadas mutuamente intelixibles, chamadas persa iraniano (coñecida oficialmente como persa), persa dari (coñecida oficialmente como dari dende 1964) e persa taxico (coñecida oficialmente como taxico dende 1999).Siddikzoda, S. "Tajik Language: Farsi or not Farsi?" in Media Insight Central Asia #27, August 2002. Tamén é falada nativamente na variedade taxica por unha poboación significativa dentro de Uzbekistán, así como noutras rexións cunha historia dentro da esfera cultural do Grande Irán. Escríbese oficialmente dentro de Irán e Afganistán co alfabeto persa, unha derivación da escritura árabe, e dentro de Tadjiikistán co alfabeto taxico, unha derivación do alfabeto cirílico.
O persa moderno é unha continuación do persa medio, unha lingua oficial durante o Imperio Sasánida (224–651), que á súa vez é unha continuación do persa antigo, que foi usado durante o Imperio Aqueménida (550–330 BCE). Orixinouse na provincia da Fars (rexión de Persia) no suroeste de Irán. A súa gramática é semellante á de moitas linguas europeas.
Ao longo da historia, o persa foi considerado prestixioso por varios imperios centrados en Asia Occidental, Asia Central e Asia Meridional. O persa antigo está testemuñado no antigo cuneiforme persa en inscricións de entre os séculos VI e IV a.C. O persa medio está testemuñado en alfabeto arameo (pahlavi e maniqueo) nas inscricións do zoroastrismo e do maniqueísmo entre os séculos III e X. A nova literatura persa rexistrouse por primeira vez no século IX, despois da conquista musulmá de Persia, adoptando dende entón a escritura persoárabe.
O persa foi a primeira lingua en romper o monopolio do árabe na escritura do mundo musulmán, sendo a poesía persa unha tradición en moitas cortes orientais. Como afirmou o erudito británico David G. Hogarth, "Nunca un cativo capturou ao seu captor dunha maneira máis rápida e sutil que o árabe por Persia". Foi usado oficialmente como lingua da burocracia incluso por falantes non nativos, como os otománs en Anatolia, os mogois no sur de Asia e os paxtos en Afganistán. Influíu nas linguas faladas nas rexións veciñas e mesmo máis aló, incluíndo outras linguas iranias, as linguas turcas, o armenio, o xeorxiano e as linguas indoarias. Tamén exerceu certa influencia no árabe, ao tempo que tomou prestado moito vocabulario durante a Idade Media.: "A lingua coñecida como novo persa, que normalmente se chama neste período (primeiros tempos islámicos) co nome de dari ou farsi-dari, pódese clasificar lingüísticamente como unha continuación do persa medio, a lingua relixiosa e literaria oficial do Irán sasánida, en si unha continuación do persa antigo, a lingua dos aqueménidas. A diferenza doutras linguas e dialectos, antigos e modernos, do grupo iranio como o avestano, parto, soghdian, kurdo, baluchi, paxto, etc., o persa antigo, o persa medio e o novo persa representan unha mesma lingua en tres estados da súa historia. Tivo a súa orixe en Fars (o verdadeiro país persa dende o punto de vista histórico) e distínguese por trazos dialécticos, aínda facilmente recoñecibles do dialecto imperante no noroeste e leste de Irán."
Hai aproximadamente 110 millóns de falantes de persa en todo o mundo, incluíndo persas, luris, taxicos, hazaras, azarís iranianos, kurdos de Irán, baluchis, tats e aimaqs. O termo persófono tamén se pode usar para referirse a un falante de persa.
Clasificación O persa é membro do grupo iranio occidental das linguas iranias, que constitúen unha rama das linguas indoeuropeas na súa subdivisión indoirania. As propias linguas iranias occidentais divídense en dous subgrupos: as linguas iranias do suroeste, das que o persa é a máis falada, e as linguas iranias do noroeste, das que o kurdo e o baluchi son as máis faladas.
Ortografía Aínda que utiliza o mesmo alfabeto árabe que a lingua árabe, o persa engade 4 letras, e cambia a forma doutras 2. As 4 letras adicionais no persa son:
Son Forma Nome en Unicode /p/ پ Peh /ʧ/ (ch) چ Tcheh /ʒ/ (zh) ژ Jeh /ɡ/ گ Gaf
As letras con forma diferente son:
son letra árabe orixinal letra persa modificada nome /k/ ك ک Kaf /j/ y /i:/, ou raramente /a:/ ي / ى ی Ye
As marcas diacríticas que se utilizan no alfabeto árabe ou harakat, úsanse tamén para o persa, aínda que algunhas delas teñen distinta pronunciación. Por exemplo, en árabe Damma pronúnciase como /u/, mentres que en persa se pronuncia coma /o/.
O alfabeto persa tamén engade a noción de pseudo-espazo ao alfabeto árabe, chamado Zero Width Non-Joiner (ZWNJ) co estándar Unicode. Actúa coma un espazo que desconecta dúas letras adxacentes que, doutra banda, estarían xuntas, pero non ten unha extensión visual.
Outra característica remarcable é que moitas palabras persas con raíz de procedencia árabe se escriben de distinta forma que a palabra árabe da que proceden. Alef con Hamza debaixo (إ) sempre cambia a Alef (ا), Te Marbuta (ة) normalmente, pero non sempre, cambia a Te (ت) ou He (ه), e as palabras que utilizan varias hamzas escríbense con outro tipo de hamza (coma مسؤول que se converte en مسئول).
Outras linguas coma o paxtó ou o urdú asimilaron esas nocións e, en ocasións, estendéronas con novas letras ou signos de puntuación.
Fonoloxía O contraste funcional entre vogais parece radicar entre as longas {/i:/, /u:/, /ɑ:/} e as curtas {/e/, /o/, /æ/}. Polo tanto, parece posible representar as vogais coma segue {/i:/, /u:/, /a:/} y {/i/, /u/, /a/}. Tamén nótese que /tʃ/ e /dʒ/ son africadas, non oclusivas. O siguinte cadro é unha adaptación de Structural Sketch of Persian . Pode que el lector necesite caracteres do A.F.I. para ver caracteres fonéticos.
+ Vogais anteriores posteriores pechadas i: u: medias e o abertas æ ɑ: Consoantes
+ Consoantes labial alveolares palatais velares glotais xordas oclusivas p t tʃ k ʔ sonoras oclusivas b d dʒ g xordas fricativas f s ʃ x h sonoras fricativas v z ʒ ɣ nasais m n líquidas l, r semivogais j
Fonema son (en IPA) letra Romanización Exemplo(s) پ p پارسی ب b بانو ت , ط t توران د d دنيا ک k كشور گ g گروه ء , ع ' , Ø معنا، جزء چ ch, č, c چوب ج j, جوان ف f فارسی و v ويژه س , ص, ث s سايه ز , ذ , ض , ظ z آزاد ش sh, š شاه ژ zh, ž پژوهش خ kh, x خانواده غ , ق gh, q, ġ باغ غ , ق q, gh قلم ه , ح h حال م m نام ن n نان ل l لب ر r ايران ر r رستوران ی y يا
Exemplos Tradución Palabra Pronunciación estándar terra خاک khâk ceo آسمانâseman arroz برنج berenj auga آب âb fogo آتشâtash home مردmard muller زنzan xantar, comer خوردن khordan beber نوشیدنnoushidan grande بزرگbozorg pequeno كوچکkuchak noite شبshab día روزruz ti تو to meu ام -am
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Wikipedia en persa Linguas indoiranias Linguas iranias Bibliografía Obras citadas
Bibliografía adicional
Categoría:Linguas iranias occidentais Categoría:Lingua persa Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Lingua e literatura) Categoría:Linguas de Afganistán Categoría:Linguas de Azerbaidján Categoría:Linguas de Bahrain Categoría:Linguas de Irán Categoría:Linguas de Iraq Categoría:Linguas de Paquistán Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas de Tadjiikistán Categoría:Linguas de Uzbekistán