El espíritu del vino é o terceiro álbum de estudio do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1993. Foi producido novamente por Phil Manzanera, gravado nos estudios Gallery (Surrey, Chertsey, Londres), e mesturado en Metropolis Studios (Londres).

Características Quizais o disco máis exitoso da carreira de Héroes del Silencio, onde explotan a súa faceta máis rockeira, inspirándose no Rock & Roll dos anos 60 e 70, e marcando unha clara influencia do novo Hard Rock, grazas á revitalización do Rock de fala hispana. Aínda quedan algúns matices propios do Rock Gótico.

Ademais, a influencia de Phil Manzanera faise notar máis. Isto non significa que Manzanera lles impuxese coma debíase realiza-la gravación, senón que o traballo fluíu por si só, facéndose presentes as drogas e o exceso.

El espíritu del vino, foi un disco completamente afastado do obscurantismo de Senderos de traición, aínda tendo aspectos propios do rock sinistro. As letras tornáronse moito máis complexas, e é o disco polo que a crítica tachou a Enrique Bunbury de "matacans".

O título non é máis que a inspiración xurdida nun momento no que a agrupación atopábase en pleno estado de ebriedade. As letras son o claro reflexo diso, aínda que tamén, significa a ambigüidade do traballo, que pode pasar de ser brando, a se-lo máis duro e ríxido en canto a música e letras se refire.

Foi número un en España e alcanzou o número nove en Alemaña, o seu maior éxito alí. A presentación mundial do traballo fíxose en Berlín.

Contido Lista de cancións El espíritu del vinoNºTítuloDuración01"Nuestros nombres"05:56 02"Tesoro"02:1803"Los placeres de la pobreza"04:1904"La herida"06:5305"La sirena varada"04:1506"La apariencia no es sincera"07:0207"Z"00:5108"Culpable"06:0309"El camino del exceso"05:3510"Flor de loto"06:1411"El refugio interior"01:3412"Sangre hirviendo"05:1113"Tumbas de sal"04:3214"Bendecida 2"00:3615"Bendecida"05:5916"La alacena"03:4017"Nuestros nombres (Versión Maxi)"09:26

El espiritu del vino El espiritu del vino Categoría:Álbums de EMI Records