Albrecht Altdorfer, nado en Ratisbona c. 1480 e finado na mesma cidade en 1538, foi un pintor alemán, líder da escola do Danubio no sur de Alemaña, contemporáneo de Albrecht Dürer.
Traxectoria Familia O seu pai foi o gravador Ulrich Altdorfer, e o seu irmán Erhard (ás veces escrito Erhart) foi un arquitecto e pintor da corte de Schwerin no Renacemento temperán. O apelido familiar era tamén ás veces escrito Altdorffer ou Altorfer.
Obra Foi pintor de temas relixiosos e mitolóxicos, famoso tamén por pintar paisaxes pola súa fermosura e non como ilustración de ningunha historia ou parábola, quizais o primeiro pintor europeo en colocar a paisaxe como motivo autónomo, como centro do seu traballo.
As pinturas de Altdorfer fanse eco dos descubrimentos de Nicolao Copérnico, presentando pola primeira volta un mundo no que o Sol ocupa o lugar da Terra como centro do Universo.
As paisaxes de Altdorfer adoitan ser verticais,Wood, 49 como A batalla de Alexandre en Issos (1529, Múnic).
miniatura|esquerda|A batalla de Alexandre, 1529
A batalla de Alexandre Esta extraordinaria pintura mostra unha vista no sur do Mediterráneo, cunha masa de figuras nunha grande batalla en primeiro plano. Os combatentes están en Issos, na Turquía moderna, pero a vista se esténdese alén de Chipre até a costa de Exipto, península do Sinaí e o Mar Vermello.Wood, 22–23, 201–202, 266–267; Snyder, 362–363; Harbison,
Orixinalmente formaba parte dun conxunto de pinturas históricas con mesmo formato.
A batalla de Alexandre en Issos está considerada como a súa obra mestra; co pretexto de representar a vitoria de Alexandre sobre Darío ilustra unha visión do mundo radicalmente nova, un novo tipoloxía pictórica chamada 'Paisaxe do mundo'.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Alte Pinakotek, Munich; (catálogo), 1986, Edition Lipp, ISBN 3-87490-701-5 Christopher S. Wood, Albrecht Altdorfer and the Origins of Landscape, 1993, Reaktion Books, Londres, ISBN 0-948462-46-9 Christoph Wagner, Oliver Jehle (eds.), Albrecht Altdorfer. Kunst als zweite Natur, 2012, Schnell & Steiner Verlag, Regensburg (= Regensburger Studien zur Kunstgeschichte, Vol. 17), ISBN 978-3-7954-2619-4 Jochen Sander, Stefan Roller, Sabine Haag, Guido Messling (eds.), Fantastische Welten. Albrecht Altdorfer und das Expressive in der Kunst um 1500, 2014, Hirmer, Munich, ISBN 978-3-7774-2266-4 (catálogo da exposición no Städel Museum de Frankfort, 5 de novembro de 2014 - febreiro de 2015 e no Kunsthistorisches Museum, Viena, 17 de marzo - 14 de xuño de 2015)
Outros artigos Paisaxe do mundo
Ligazóns externas ibiblio.org gallery.euroweb.hu abcgallery.com artchive.com artcyclopedia.com
Categoría:Pintores de Alemaña Categoría:Pintores do século XVI Categoría:Finados en 1538 Categoría:Nados en Ratisbona Categoría:Pintores do Renacemento