A Pena é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade.

Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 5 habitantes (3 homes e 2 mulleres), o que supón un aumento con respecto a 2010, cando tiña 2 habitantes.

O nome vén dado por unha pena, unha pedra grande que sobresae da superficie.

Neste lugar naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922), autor do cruceiro do Hío.

Lugares e parroquias Lugares de Aguasantas

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Notas

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade