A Arrotea é un lugar da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 35 habitantes (19 homes e 16 mulleres), os mesmos ca en 2007.

Neste lugar hai unha ponte do século XVI sobre o río Almofrei, dun van de 7,7 metros de luz. O seu ollo é de medio punto lixeiramente apuntado, con perfil antepeito. Por ela discorre unha calzada empedrada. A carón da ponte hai un muíño, na actualidade inactivo.

Lugares e parroquias Lugares de Almofrei

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Categoría:Lugares de Cerdedo Cotobade