Baélls é un concello español da provincia de Huesca, na comunidade autónoma de Aragón e na comarca de La Litera.
Historia No ano 1610, Baells mantiña aínda o nome de Bays. Tivo un importante pazo fortificado, que hoxe se conserva –parcialmente e modificado– no medio do centro da localidade.
Xeografía Está situado ao pé dos Pireneos, sobre o barranco de Requé, cuxas augas aflúen no río Noguera Ribagorzana.
Localidades limítrofes Limita cos concellos Benabarre ao norte, con Estopiñán del Castillo ao norte e ao oeste, con Camporrélls polo oeste, con Castillonroy polo oeste e sur, con Albelda polo sur, con Alcampell polo leste e con Peralta de Calasanz polo leste.
Demografía Evolución demográfica 1900 1910 1930 1940 1950 1960 1970 1978 1991 1996 2001 2004 727 - - - 483 - - 258 171 160 144 134
Naturais ilustres José Ramírez de Arellano, o escultor máis importante de Aragón no século XVIII e un dos máis importantes da España barroca. Naceu e pasou os primeiros anos da súa vida aquí.
Festas locais 16 de abril 15 de agosto
Véxase tamén
Ligazóns externas Portal informativo de Baells, con acceso á versión dixital do Noticiario de Baells.
Baells