O río Columbia é un curso fluvial do oeste de Norteamérica, que verque as súas augas no océano Pacífico, logo dun percorrido de 1.953 km. É o río máis caudalosos de todos os cursos de América do Norte que desembocan nese océano. Contando conxuntamente o seu afluente da esquerda, o Snake acada unha lonxitude de 2.240 km. A súa conca hidrográfica abrangue uns 668.217 km², dos que sobre un 15 % están sitos no Canadá.

O río foi nomeado así polo capitán norteamericano Robert Gray que lle deu o do navío Columbia Rediviva, o 11 de maio de 1792, por ser o primeiro occidental que entrou nel, mentres exploraba o noroeste do Pacífico.Stuart Allan, Aileen R. Buckley, James E. Meecham, Atlas of Oregon. University of Oregon Press. 2001, páx. 24 ISBN 0-87114-102-7 O río Columbia foi cartografiado por vez primeira enteiramente en 1814 por David Thompson.

Xeografía A fontes do Columbia están situadas na provincia canadense de Columbia Británica (British Columbia) no lago Columbia (Columbia Lake). Atravesa o medio oeste do estado norteamericano de Washington. Nos seus últimos 480 km antes da súa foz, conforma a fronteira entre os estados norteamericanos de Washington e Oregón, pero a súa conca esténdese tamén aos de Montana e Idaho. Desemboca no océano Pacífico en Astoria.

Ademais o Columbia é o único río de Norteamérica que alcanza o Pacífico, desde o interior do continente, enlazando este coa costa, atravesando a gran cordilleira das Rochosas. Os cerca de 80 km a través da cadea das Cascadas son coñecidos como a garganta do río Oregón (Columbia River Gorge), paraxe no que está situado o encoro de Bonneville.

Afluentes Os tributarios máis importantes do Columbia, ordenados polo seu caudal, son: Snake, 1.611 m³/s Willamette, 1.010 m³/s Kootenay, 867 m³/s Pend Oreille, 788 m³/s Cowlitz, 261 m³/s Río Spokane, Río, 190 m³/s Deschutes, 170 m³/s Lewis, 136 m³/s Yakima, 100 m³/s Wetnachee, 91 m³/s Okanogan, 86 m³/s Kettle, 83 m³/s Sandy, 64 m³/s

Caudal Cunha vertedura de 7.500 m³/s de media anual o Columbia é o río máis caudaloso de todo o hemisferio occidental que desemboca no océano Pacífico e, despois do río Mississippi, do río San Lourenzo e do río Mackenzie é o cuarto máis caudaloso de América do Norte. O caudal maior do Columbia , o 6 de xuño de 1894, foi de 35.113 m³/s.Stuart Allan, Aileen R. Buckley, James E. Meecham, Ibídem, páxs. 164-165

Encoros no Columbia dereita|miniatura|Presa de Grand Coulee

Os encoros que represan a auga do Columbia na actualidade son: no Canadá: Mica, que orixina o chamado lago Kinbasket. Presa Revelstoke, dá lugar ao lago Revelstoke. Keenleyside Ducan nos Estados Unidos: Grand-Coulee no estado de Washington ( forma o lago Franklin Delano Roosevelt). Bonneville e o lago Bonneville, entre Oregón norte e Washington sur.

O tramo maior aberto a pesca son os arredor de 80 km de Hanford Reach en Hanford Reach National Monument, no Condado de Benton, Washington. Aquí desovar sobre o 80% de todos os salmóns reais de todo o sistema do río Columbia.

Weitere Bilder

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fotos

Categoría:Ríos dos Estados Unidos de América Categoría:Ríos do Canadá Columbia