André Marie Ampère, nado en Lión o 20 de xaneiro de 1775 e finado en Marsella o 10 de xuño de 1836, foi un físico francés. Traxectoria Autor xa dende moi novo de traballos matemáticos, tamén se interesou polos grandes problemas da física e da química do seu tempo. En 1814 desenvolveu a hipótese (xa formulada independentemente por Avogadro) segundo a cal tódolos gases a igualdade de volume, presión e temperatura conteñen o mesmo número de moléculas. Tamén estudou as accións mutuas das correntes e os imáns, e puxo as bases da electrodinámica. En 1821 emitiu a hipótese de que as moléculas dun corpo se comportan coma correntes particulares que a imantación pode dirixir. Inventou o galvanómetro, o primeiro telégrafo eléctrico, e, xunto con Arago, o electroimán.

Véxase tamén

Outros artigos Solenoide

Categoría:Persoas relacionadas coa electricidade Categoría:Físicos de Francia Categoría:Profesores do Collège de France Categoría:Nados en Lión Categoría:Nados en 1775 Categoría:Finados en 1836