Yo, minoría absoluta é o oitavo álbum de estudio do grupo estremeño de rock Extremoduro, gravado e producido por Iñaki "Uoho" Antón e publicado por DRO no 2002.
Tras un descanso discográfico de catro anos desde Canciones prohibidas, publicado no 1998, Extremoduro publicou no 2002 un novo disco que foxe da artificiosidade e os complicados arranxos, seccións de corda e vento incluídas, deste último. Con Yo, minoría absoluta o grupo volve ao rock duro que lle caracterizou durante toda a súa traxectoria musical. Á hora de publicalo, Roberto Iniesta, líder de Extremoduro, cualificouno como O mellor álbum que (Iniesta, como compositor) fixo nunca.
Orixinalmente o álbum foi publicado co formato de CD máis DVD; mentres que o primeiro incluía o disco en si, o segundo contiña dous videoclips correspondentes a dous temas do disco e cinco temas gravados en directo.
O público, despois da menor aceptación de Canciones prohibidas, si recibiu de bo grado o novo disco, do que saíron algúns himnos para o grupo que confirmaron que a banda non perdera fol co paso do tempo. Destacan principalmente A fuego, La vereda de la puerta de atrás, Puta e Standby. Esta última posúe a característica, estraña nas cancións de Extremoduro, de narrar unha historia de amor en terceira persoa. Contido Lista de cancións Yo, minoría absolutaNºTítuloDuración01"A fuego"05:26 02"La vereda de la puerta de atrás"04:0303"Hoy te la meto hasta las orejas"03:4304"Standby"03:2805"Menamoro"03:0806"Luce la oscuridad"03:5107"Cerca del suelo"04:4208"Puta"05:3809"Buitre no come alpiste"04:1810"La vieja (canción sórdida)"04:42 No cinema Tres cancións do disco, Puta, A fuego e Standby, aparecen no filme La flaqueza del bolchevique (2003) de Manuel Martín Cuenca, que reflicten o estado de ánimo e situacións do protagonista, interpretado por Luís Tosar. No obradoiro desa mesma película tamén soaba Standby.
Categoría:Álbums de Extremoduro Categoría:Álbums musicais de 2002