A Galería Uffizi (En italiano Galleria degli Uffizi) que se traduce como Galería dos Oficios, é un palacio en Florencia, que contén unha das máis antigas e famosas coleccións de arte do mundo.

O museo e a súa historia A construción do palacio Uffizi comezou en 1560 por Giorgio Vasari debido ao encargo de Cosme I de Médicis para que servisen de oficinas ás maxistraturas florentinas, unha vez que quedou pequeno o Palazzo Vecchio. (De aí o seu nome de Palacio ou Galería dos Oficios). As obras remataron en 1581. Durante anos, partes do palacio serviron para almacenar as pezas de arte da magnífica colección da familia Médicis.

Chegado o declive dos Médicis, as obras de arte permaneceron en Florencia, sendo o embrión duns dos primeiros museos modernos do mundo. A galería era aberta aos visitantes que o solicitaban durante o século XVI e en 1765 abriu oficialmente ao público como museo.

Por mor da magnitude da colección, algunhas obras foron traspasadas a outros museos florentinos, como as esculturas ao Museo Bargello. As limitacións do edificio en canto a superficie de exposición aínda seguen, aínda que se proxectou a súa ampliación, que pasou de 6.000 m² a case 17.000 m² en 2006 e 30.000 m² cando remate a proposta de ampliación. Esta remodelación permitirá ao público gozar dos enormes fondos do museo, case descoñecidos.

En 1993, un coche bomba estoupou en Via dei Georgofili, matando a cinco persoas e producindo graves danos ao palacio. A parte máis afectada foi a Sala de Níobe de esculturas clásicas e cuxa decoración neoclásica tivo que ser restaurada. A causa do atentado non foi esclarecida, aínda que se sospeitaba que a Mafia podería ser a responsable.

A Galería Uffizi é unha das atraccións turísticas máis visitadas de Florencia. En tempada alta (en especial en xullo), as esperas poden chegar a ser de ata cinco horas.

Salas da Galería Uffizi A colección de arte dos Uffizi é moi ampla, existindo obras non expostas por falta de espazo. A exposición distribúese ao longo de dous andares do palacio, ordenada cronoloxicamente, comezando o seu percorrido polo segundo andar.

As salas da Galería Uffizi son as seguintes:

Salas do segundo andar 200 px|miniatura|Característica forma en U do Palacio Uffizi, visto dende a Piazza della Signoria 200 px|miniatura|Vista noturna da Galería Uffizi co Palazzo Vecchio ao fondo 200 px|miniatura|Corredor de levante. 200 px|miniatura|Detalle dos frescos que decoran as estancias da galería 200 px|miniatura|Estatua de Michelangelo do exterior do inmoble

Vestíbulo de entrada 0 Arqueoloxía 1 A igrexa de San Pier Scheraggio 2 Duecento e Giotto 3 Trecento sienés 4 Trecento florentino 5-6 Gótico internacional 7 Primeiro Renacemento 8 Filippo Lippi 9 Antonio Pollaiolo 10-14 Sandro Botticelli: A primavera, O nacemento de Venus. 15 Leonardo da Vinci 16 Cartografía 17 Sala do Hermafrodita 18 A Tribuna 19 Signorelli e Perugino 20 Durero 21 Giovanni Bellini e Giorgione 22 Renacemento flamengo e alemán 23 Correggio e Mantegna 24 Gabinete de miniaturas 25 Miguel Ángel (Tondo Doni) e mestres florentinos 26 Rafael e Andrea del Sarto 27 Pontormo e Rosso Fiorentino 28 Tiziano e Sebastiano del Piombo 29 Parmigianino e Dosso Dossi 30 Escola de Emilia de Cinquecento 31 Veronés 32 Bassano e Tintoretto 33 Cinquecento 34 Cinquecento lombardo 35 Barroco e Contrarreforma toscana 38 Exposicións temporales 39-40 Vestíbulo de saída 41 Rubens 42 Sala de Níobe 43 Século XVII italiano e europeo 44 Rembrandt e pintura flamenga do século XVII 45 Século XVIII italiano e europeo

Salas do primeiro andar Accédese a través da Escaleira de Buontalenti: Sala de Caravaggio Sala de Bartolomeo Manfredi Sala de Gherardo delle Notti Sala de seguidores de Caravaggio Sala de Guido Reni Gabinete debuxos e gravados dos Uffizi Corredores de poñente e levante e segundo corredor

Colección Contini Bonacossi Na ala dereita do edificio, con entrada por vía Lambertesca, atópase exposta a extraordinaria colección Contini Bonacossi, reunida a comezos do século XX e doada á Galería Uffizi nos anos 90, representando así unha ampliación considerable dos fondos do museo. Da colección forma mobiliario, cerámica antiga, terracotas de Luca Della Robbia e sobre todo unha moi notable serie de obras de escultura e pintura, en especial toscana, entre as que destacan:

Maestà con San Francisco e Santo Domingo de Cimabue, Madonna da neve de Stefano dei Giovanni o Sassetta (circa 1432), Madonna Pazzi de Andrea do Castagno (circa 1445), San Jerónimo de Giovanni Bellini (circa 1479), Madonna con oito santos de Bramantino (1520-1530), Mármores do Martirio de San Lorenzo de Gian Lorenzo Bernini (1616), Toureiro de Francisco de Goya (circa 1800).

Sala das postas reais Esta sala da planta baixa á dereita é empregada pola asociación Amici degli Uffizi, que organiza periodicamente exposicións temporais de balde sobre diversos temas, con obras obxecto de depósito. As derradeiras exposicións realizadas nesta sala estiveron adicadas ao erotismo e aos autorretratos.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina de "Amigos dos Uffizi" (en italiano) Galería de los Uffizi (en castelán) Galería Uffizi (en inglés) Visita virtual por Uffizi (en inglés) Imaxe por satélite de Google Maps Galería de los Uffizi - Páxina en italiano en inglés

Uffizi Categoría:Museos de Italia Categoría:Galería Uffizi