miniatura|Núcleos de poboación de Venceáns, da Illa e de Entrimo (a parroquia matriz) no Catastro de Ensenada, 1753. San Tomé de Venceáns é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 134 habitantes (61 homes e 73 mulleres). Patrimonio

Casa da Moura

Venceáns na literatura popular En Queguas canta o cuco,/ en Vilar a cabra vella,/ en Véncias cantan os anxos/ que é a flor da nosa terra.Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. No orixinal: Rueguas. Xaquín Lorenzo di que a forma oficial é Venceás, aínda que os veciños digan Véncias, pero no Nomenclátor aparece Venceáns (San Tomé), parroquia de Entrimo. Na parroquia só hai os tres lugares ós que fai mención a cantiga: Queguas, Vilar e Venceáns. En Véncias cantan os galos/ i as pitas na ferreiría;/ esgarreai e botai,/ que eiquí non hai porquería.Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75. Venceáns é parroquia de Entrimo; esa "ferreiría" pode ser erro por Ferreiros, outro lugar da parroquia e concello de Entrimo. No lugarciño de Queguas/ levouno todo a xiada;/ só quedou un caravel/ por baixo dunha arribada.Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: Quenguas, levóuno, quedóu, de unha. Queguas é lugar da parroquia de San Tomé de Venceáns, Entrimo. O lugarciño de Queguas/ hémolo fundir a tiiros:/ as balas han de ser ouro/ as municiós de sospiros.Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119.

Lugares e parroquias Lugares de Venceáns

Parroquias de Entrimo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Entrimo

Categoría:Parroquias de Entrimo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Tomé