290px|miniatura|dereita|Tumba de Kusociński en Palmiry cerca de Varsovia. Janusz Tadeusz Kusociński, nado o 15 de xaneiro de 1907 en Varsovia e finado o 21 de xuño de 1940 en Palmiry, foi un atleta polaco, gañador dos 10.000 metros nos Xogos de 1932 dos Ánxeles.
Traxectoria Fillo dun traballador do ferrocarril, Janusz Kusociński, ou Kusy o seu alcume, xogou ao fútbol en varios equipos de Varsovia no colexio. Comezou no atletismo en 1928 logo de unirse ao club deportivo "Sarmata". O seu adestrador foi o famoso decatleta estoniano Aleksander Klumberg-Kolmpere.
Na súa primeira participación nos Campionatos Nacionais de Polonia, Kusociński deu a sorpresa gañando a proba dos 5.000 m e a de cross-country. Perdeuse a seguinte tempada porque foi chamado pola Armada Polaca, pero volveu máis forte ca nunca. Gañou nos campionatos de Polonia as probas dos 1.500 m e de 5.000 m, cross-country en 1930 e 1931, e dos 800 metros en 1932.
Xusto un mes antes dos Xogos Olímpicos dos Ánxeles, Kusociński marcou un novo recorde mundial nos 3.000 m (8:18.8) e despois nese mesmo ano, marcou un récord mundial non oficial nas 4 millas nun tempo de 19:02.6. Nos Xogos, Kusociński gañou unha dura batalla contra os finlandeses Volmari Iso-Hollo e Lasse Virtanen nos 10.000 m, co mellor tempo mundial da tempada (30:11.4).
Despois de rematar segundo nos primeiros Campionatos de Atletismo de Europa en Turín nos 5.000 m, Kusociński decidiu retirarse do atletismo, aínda que volveu en 1939 gañando os 10.000 m nos Campionatos Nacionais de Polonia.
Kusociński foi voluntario na Armada Polaca, logo de que fora atacada polos alemás e resultou ferido en dúas ocasións. Janusz Kusociński foi arrestado pola Gestapo o 26 de marzo de 1940 durante a AB Aktion. Foi executado tres meses despois en Palmiry preto de Varsovia.
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil do Comité Olímpico de Polonia
Categoría:Atletas olímpicos de Polonia Categoría:Fondistas Categoría:Medallistas olímpicos en atletismo Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Polonia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1932 Categoría:Asasinados polo réxime nazi Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 1932