Seinen (青年) é unha palabra xaponesa que se podería traducir como "home novo" e que aquí é utilizada para referirse a unha categoría de manga ou anime que ten por albo un público masculino adulto, normalmente entre os 18 e 40 anos. O seu equivalente feminino é o josei.

A variedade de estilos e de temáticas tratadas neste tipo de banda deseñada son moi amplos (podendo ir desde o máis vangardista ao porno), mais ten como característica común o feito de que, a diferenza do manga shōnen, aborda as diferentes temáticas dunha maneira máis seria e adulta, podendo chegar nalgún momento a ter unha linguaxe máis violenta e crúa. As tramas tamén están máis traballadas coidándose máis a posta en escena.

Unha maneira común de diferenciar o shōnen do seinen é ollar no kanji orixinal do texto. Se hai furigana na maior parte do kanji significa que a obra está orientada a un público máis novo. Tamén pode servir de orientación coñecer a revista ou magazine na que foi publicado pois, normalmente, se leva a palabra Young significa que estamos ante un manga seinen. Algúns exemplos de revista seinen son: Ultra Jump, Afternoon, Young Jump, Young Animal.

Exemplos Esta é unha lista dalgúns mangas e animes que acostuman ser catalogados como seinen:

20th Century Boys (manga) Akira (manga e anime) Arcana (manga) Angel Heart (manga e anime) Bamboo blade (manga e anime) Basilisk (manga e anime) Bastard (manga e anime) Battle Royale (manga) Berserk (manga e anime) BLAME ! (manga) Blood+ (manga e anime) Coq de combat (manga) Eden (manga) Ergo Proxy (manga e anime) Elfen Lied (manga e anime) Eternal Sabbath (manga) Gantz (manga e anime) Genshiken (manga e anime) Ghost in the Shell (anime e manga) Gunnm (manga) Gunnm Last Order (manga) Gunslinger girl (anime e manga) L'Habitant de l'infini (manga) Hanbun no tsuki ga noboru sora (anime e manga) Hellsing (manga et anime) Homunculus (manga) Monster (anime e manga) MPD Psycho (manga) Otogi matsuri (manga) Perfect Blue (anime) Planetes (manga e anime) Pluto (manga) Priest (manga) Real (manga) Rose hip rose (manga) Say Hello to Black Jack (manga) Shakugan no Shana (manga e anime) Tengu (manga) Tokkō (manga e anime) Tokkō phantom hunter (manga) Tsukuyomi - Moon Phase (manga e anime) Vagabond (manga) XXXHOLiC (manga e anime) Zetman (manga) Zipang (manga e anime)

Véxase tamén

Outros artigos Manga Shōnen Shōjo Jōsei Kodomo

Categoría:Terminoloxía de anime e manga