Luís de Freitas Branco, nado en Lisboa o 12 de outubro de 1890 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 1955, foi un compositor portugués, introdutor do modernismo na música portuguesa e unha das máis importantes personalidades da cultura portuguesa do século XX.
Biografía Desenvolveu a súa actividade en diversas áreas da vida cultural. Educado no medio familiar, axiña tomou contacto coa música, estudando violín e piano. Aos 14 anos xa compuña cancións que alcanzaron unha gran popularidade. Ao 17 anos comezou a súa tarefa como crítico musical no Diário Ilustrado. Tamén estudou órgano.
En 1910 instálase en Berlín co fin de estudar composición, música antiga e metodoloxía da historia da música. En maio de 1911 viaxou a París, onde tivo ocasión de coñecer a Claude Debussy e a corrente estética impresionista. En 1916 foi nomeado director do Conservatorio de Lisboa. Entre 1919 e 1924 foi subdirector.
Mantivo relacións estreitas con diferentes personaxes da vida cultural portuguesa, como Bento de Jesus Caraça e António Sérgio.
A partir de 1940 é acusado de irreverente por comportarse de xeito "impropio" nas aulas e por feitos da súa vida privada, sufrindo un proceso que culminaría na súa suspensión como docente do Conservatorio. A partir de entón dedicouse á radio e aos seus discípulos.
Vida persoal Era irmán do mestre e músico Pedro de Freitas Branco, de quen foi profesor.
Casou con Estela Diniz de Ávila e Sousa, sen que tivesen descendentes.
Tivo un fillo con Maria Clara Dambert Filgueiras, de ascendencia franco-belga, o musicólogo e matemático João de Freitas Branco.
Era tío do compositor e pianista Bernardo Sassetti.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre Freitas Branco no web da Radio Televisión Portuguesa Cronoloxía
Categoría:Compositores de música clásica Categoría:Músicos de Portugal Categoría:Nados en Lisboa Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1955