A guerra austro-prusiana, guerra das Sete Semanas ou guerra civil alemá (en alemán: Deutscher Krieg, lit. guerra alemá) foi un conflito militar librado entre o 14 de xuño e o 23 de agosto de 1866 entre o Imperio Austríaco e o Reino de Prusia, ambos coa axuda de varios aliados dentro da Confederación Xermánica.
Trala guerra dos Ducados, estableceuse unha administración conxunta austroprusiana nos ducados ex-dinamarqueses de Schleswig e Holstein. Pero o Reino de Prusia e o Imperio Austríaco, a pesar de ser aliados, mantiñan un rivalidade pola hexemonía sobre o resto dos estados alemáns. Bismarck, acusou a Imperio Austríaco de non administrar os ducados conforme o establecido. Foi un pretexto para a guerra en 1866.
O xeneral prusiano Moltke derrotou os austríacos en Sadowa (Bohemia) a súa vitoria tivo importantes consecuencias: o emperador Francisco Xosé de Austria tivo que admitir o establecemento da Confederación Alemá do Norte baixo a dirección de Guillerme I, rei prusiano. Así, Austria quedaría á marxe do proceso de unificación alemá, proceso que culminaría coa guerra franco-prusiana e a proclamación do Segundo Reich.
Véxase tamén
Outros artigos Panxermanismo
Categoría:Guerras do século XIX Categoría:Guerras nas que participou Alemaña Categoría:Guerras nas que participou Austria Categoría:Guerras nas que participou Italia